A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Lecturas do Samaín

Mércores 31  de outubro.
Lugar: No salón de actos

Empeza: 10:30 h.
Remata: 11:20 h.

Alumnado: todo 1º de ESO

Profesorado acompañante: Carmen Fernández, Mª Jesús Pico, José Toba, Carmen Queijeiro, Conchita Montes, Xoán C. Rábade.

Viaje al centro de la Tierra


de Julio Verne


Julio Verne es uno de los escritores más célebres de todos los tiempos. Tres de sus obras más famosas son: La vuelta al mundo en 80 días, Veinte mil leguas de viaje submarino y Viaje al centro de la tierra (libro que estoy leyendo). Los libros de Julio Verne son libros que despiertan el interés, la imaginación y la curiosidad de los lectores, pues los libros pueden ser reales o no, los protagonistas pueden ir por todo el mundo, puede ser un protagonista rico, un científico, un inventor…
En estos libros hay que estar muy atento para comprenderlos, pues son un tanto complicados, en el sentido de que hay palabras complicadas, la trama de los libros es enrevesada pero interesante.
Yo estoy leyendo el libro de Viaje al centro de la tierra, aún estoy en el capítulo V pero ya me tiene enganchado: Se trata de un geólogo de renombre que junto a su sobrino encuentran un pergamino del siglo XVI que les incita a viajar al interior del planeta Tierra.

José Vera González-Zaera de 1º B de ESO

Boy

Boy de Roald Dahl

Aínda que a simple vista o pareza, este libro non é estritamente unha autobiografía de Roald Dahl. Trátase máis ben dunha serie de aventuras e sucesos que lle ocorreron ao longo da vida, desde recén nado e o seu paso pola escola, até ser una persoa adulta. Estas historias serviránlle para inspirarse nas numerosas novelas que escribiu. Algunhas son divertidas. Outras tristes. Algunhas delas inspirárono para contar fantásticas, divertidas e terríbeis peripecias nos seus libros. Nelas, cóntanos a súa vida no seo dunha  familia singular nunha época singular. Aos lectores actuais poderían parecerlles mesmo incríbesi moitas das cousas que lle sucedían a un rapaz de principios do século XX en Inglaterra. Nalgúns casos, son case historias de terror, como os frecuentes varazos que lles propinaban os mestres aos alumnos ou a vez que o coche familiar bateu cunha árbore e Roald cortou o nariz co vidro do parabrisas e llo volveron a pegar. E entre todo iso está a felicidade dun neno que tivo unha nai que o criou e o amou nunha familia numerosa moi unida.

Rebeldes

de Susan E. Hinton

Seleccionado como o mellor libro dirixido a xoves, Rebeldes foi galardoado tamén polos libreiros dos Estados Unidos. É, hoxe por hoxe, un clásico da literatura xuvenil. Pola cantidade de autores que tentaron imitala e a súa influencia en xeral sobre un gran número de libros de temáticas similares, é unha obra indiscutíbel dentro do xénero. Rebeldes é unha novela notoria sobre todo polo seu estilo: contado en primeira persoa polo seu protagonista, Ponyboy Curtis, un adolescente orfo que vive cos seus irmáns e sae coa súa panda de amigos, os greasers, en eterna loita cos socs, de mellor clase social (de aí o nombre). Se fose por isto, poderiamos estar falando da típica novela sobre pelexas de rúa entre xoves, pero a autora optou por secundar isto e darlle maior importancia á personalidade dos personaxes principais, apostando por unha maior complexidade canto á trama e até no aspecto literario. A violencia entre bandas chegará demasiado lonxe e terá consecuencias inesperadas. Una historia emocionante e inesquecíbel sobre rapaces de barrio que loitan por saír adiante, Rebeldes transformou a maneira de concebir a literatura xuvenil. Hoxe, como hai 40 anos, segue a ser un dos libros máis lidos entre os xoves e máis recomendados nas escolas.

Las vírgenes suicidas

de Jeffrey Eugenides

Moitos anos despois que as cinco irmás Lisbon se suicidasen, cando os que entón eran rapaces adolescentes se acercan rapidamente á mediana idade, lembran e tentan dar sentido ao que ocorreu naquel verán, aquilo que non deixa de obsesionalos e cuxo significado se lles escapou no seu momento e aínda non son capaces de explicar: o enigma da súa feminidade, do seu encerro, das súas mensaxes de auxilio e, finalmente, da súa morte. Aquilo que non conseguen aprehender, o que se lles escapa tanto entón como na súa xuventude xa pasada, é o aroma da adolescencia, esa etapa mítica, que se tenta reconstruír desde a idade adulta, pero que non se logra recuperar, aínda que se manteña o desconcertó. Sen comprender totalmente o adolescente que fomos, tampouco chegamos a desembarazarnos del. A infinitude da adolescencia, capaz do maior entusiasmo e a maior desesperación, tórnase na madurez nun encorsetamento consistente en adaptarse a un mesmo como se se tratase dun traxe. Visto así, a morte das irmás Lisbon é algo terríbel pero non tráxico, porque perderon un futuro probábel aínda que conservaron todos os posíbeis. Caso de desenvolverse a súa vida normalmente, ao chegaren a adultas, ese futuro se plasmaría nunha posibilidade de esperanza cada vez máis reducida. Por iso, cando o doutor pregunta a Cecilia, tras a súa primeira tentativa de suicidio, “Que fas aquí nena, se non sabes o mala que é a vida?” e Cecilia lle responde “Está moi claro, doutor, que vostede nunca foi una nena de trece anos”, calquera que conserve no seu interior unha parte do adolescente confuso que un día foi, comprenderá a Cecilia e ás súas irmás.

Orgullo e prexuízo

orgullo-e-prexuizo1de Jane Austen
É a súa novela máis famosa, publicada por primeira vez (1813) como obra anónima. É unha das primeiras comedias románticas na historia da novela e a súa primeira frase é unha das máis famosas na Literatura inglesa: It is a truth universally acknowledged, that a single man in possession of a good fortune, must be in want of a wife. (É una verdade universalmente coñecida que todo home solteiro, posuidor dunha gran fortuna, necesita buscar esposa).
É unha novela de desenvolvemento ou educación persoal, en que as dúas figuras principais, Elizabeth Bennet e Fitzwilliam Darcy, cada un á súa maneira e, non obstante, de forma moi parecida, deben madurar para superar algunhas crises e aprender dos seus erros para poder encarar o futuro en común, superando o orgullo de clase de Darcy e os prexuízos de Elizabeth cara a el.
O principal logro de Jane Austen é transmitir unha perfecta imaxe da sociedade británica no cambio de século, por baixo das aparencias e dos prexuízos. Describe de maneira poética, intelixente e irónica as vidas das xoves e a sociedade na campiña inglesa do século XVIII, a través dunha minuciosa caracterización psicolóxica e de comportamento dos personaxes. O tema dunha historia amorosa con final feliz, o tratamento que lle dá e as expectativas do lector actual respecto á literatura aseguran aínda unha grande atención a esta novela de hai dous séculos.

Marina

marinade Carlos Ruíz Zafón

Aínda que se lle colocou a etiqueta de “novela xuvenil”, talvez porque os seus protagonistas o son, o que nela sucede pode ser apreciado e desfrutado por un público adulto. Ambientada na Barcelona dos finais dos 70, que aparece reflexada en belos pasaxes descritivos, a historia comeza con misterio para manter a atención do lector e continuar coa historia do amor dos dous protagonistas, alternando ese romance do presente coa historia do pasado, un tanto folletinesca e gótica, contada polas testemuñas entrevistadas. Á parte do misterio e o medo, un toque poético e nostálxico impregna algunhas pasaxes da evocación do pasado. Chama a atención a narración da vida de cada personaxe, historias dramáticas que se repiten algunhas varias veces, pero desde diferentes puntos de vista, quer dicir, explicadas por distintas persoas que coñeceron a vida do personaxe que describen. A través delas, podemos observar numerosos e complexos personaxes, cada un pezas do misterio a resolver, e cuxo segredo persoal encerra pequenas e preciosas sub-historias individuais, que se irán coñecendo aos poucos. Nunha trama intrigante en que acaba encaixando unha historia construída a base de retazos doutras, hai acción, misterio, drama, suspense, experimentos cirúrxicos, persecucións… situación incríbeis (como a resurrección de Kolvenik) que dentro do marco da novela case se tornan verosímiles. As descricións son realmente fantásticas, case poéticas en que, máis que imaxinar a situación, séntese.

El niño con el pijama de rayas

de John Boyne

marina
O propio autor pensa que é un libro para nenos, pero que aos adultos tamén lles pode gustar. De feito, publicado no ano 2006, a día de hoxe a novela vendeu máis de 5 millóns de copias ao redor do mundo e foi o libro máis vendido en España no ano 2007. Miramax fixo unha adaptación ao cine da novela cuxa rodaxe se realizou en Budapest en 2007 e a estrea foi en 2008.  A diferenza dos meses de planificación que Boyne necesitara para os seus libros anteriores, o escritor dixo que escribira o primeiro borrador en dous días e medio, case sen durmir ata que o rematou.  A trama céntrase na historia de Bruno, un neno de nove anos fillo dun comandante ao cargo dun campo de concentración nazi. A historia, malia estar contada en terceira persoa, relata os feitos desde a visión dun cativo inocente, o cal non entende moi ben o que está a suceder. O neno sempre di que está en Ouvichs. A irmá atopa inexplicable que non o dea pronunciado correctamente. Mais o neno teima na incorrección, coma
se se negase a admitir a existencia desa maquinaria de exterminio raiana na perfección que foi o campo de Auschwitz. Pese á súa aparencia de literatura infantil, o terrible trasfondo en que discorre a historia fai que algúns especialistas dubiden da súa conveniencia para os lectores máis novos. Algúns xornalistas suxiren que a lectura podería facer que os pais se visen obrigados a “ter que explicar o Holocausto”, aínda que outros a consideran unha aproximación suficientemente suave ao tema.

La importancia de llamarse Ernesto

de Oscar Wilde

Está considerado un dos seus mellores traballos segundo os críticos. Aínda que en Español sempre se preferiu o título La importancia de llamarse Ernesto, o certo é que o título da obra é un xogo de palabras en inglés: The importance of being earnest, literalmente, La importancia de ser formal, soa igual en inglés que se se escribise The importance of being Ernest. Ubicada na Inglaterra da época vitoriana, a trama desenvólvese arredor do protagonista Jack e o seu ficticio irmám Ernest. Trátase dunha divertida comedia de enredo que afonda na necesidade de manter unha dobre vida: é necesario chamarse Jack e ser formal e correcto conforme ao que se espera de un, pero tamén, en ocasións, cómpre chamarse Ernesto para poder sobrevivir, sendo Ernesto unha segunda vida que actúa como válvula de escape e en que surxe o noso lado escuro, o desexo, a transgresión.

O autor e a súa obra Manuel Núñez Singala


O día 24 de novembro ás 5 da tarde no salón de actos do Centro houbo un encontro do alumnado de Sección Bilingüe de 2º de ESO co escritor Manuel Núñez Singala. Baseada na súa obra publicada neste ano En galego, por que non? a súa charla consistiu en desmontar os tópicos e prexuízos lingüísticos máis frecuentes sobre o galego, cada un deles introducido con exemplos amenos e moi interesantes de como nos enganamos ou nos enganan á hora de enxuizar diferentes aspectos da realidade porque partimos de certos prexuízos dos que non somos conscientes. O interese do alumnado non decaeu un só segundo. A súa exposición foi amenísima esclarecedora e totalmente recomendada para calquera tipo de público, desde 1º de ESO ou mesmo cursos inferiores, até adultos.

Corazón de tinta

Corazón de tinta

corazon-de-tinta

de Cornelia Funke

Emparentada (quizais debedora) con A Historia Interminábel de Michael Ende e con O País dos Risos de Jonathan Carroll, esta obra é unha homenaxe á literatura, á fantasía, unha novela dentro doutra novela. O libro comeza cada capítulo con citas de obras clásicas infantís e xuvenís, que sempre están relacionadas co  que sucede, ademais de incluír mencións a personaxes e situación en todo o texto que completan a citada homenaxe. Os personaxes chaman a atención, por ser capaces de evoluír, sobre todo, Dedo Polvoriento, covarde, atormentado, egoísta, tan interesado en regresar ao seu lar que non lle importa o que teña que facer para conseguilo. Tamén destaca o tratamento da realidade, desde a vida e a morte, sen disimular a ambigüidade do comportamento humano, capaz do mellor e o peor. O simbolismo (deliberado ou non) da escena en que Meggie (unha nena que aínda vive nun mundo de fantasía) e Elinor (unha adulta que substituíu as persoas polos libros) cruzan a ponte que as dirixe tanto ao refuxio de Capricornio como a unha experiencia sen retorno en que abundarán as revelacións e decisións. Entre as mellores situacións, a descrición da vida que leva Fenoglio cos seus netos antes de chegar Meggie e Mo, a casa da tía Elinor co seu enorme contido de libros, ou a vila dominada por Capricornio e os seus secuaces. Quizais a trama é algo inxenua, sinxela, mesmo previsíbel (“axudada” por un exceso de revelacións na contraportada), aínda que se compensa co sentido da aventura, a acción (ás veces repetitiva) e as emocións a que se enfrontan os protagonistas.
Como era de esperar, a autora escribiu dúas novelas máis protagonizadas polos mesmos personaxes: Sangre de Tinta, que leva a Meggie ao lar de Dedo Polvoriento, e Muerte de Tinta, final da triloxía.

24 outubro: Día Internacional da Biblioteca

Celabramos o Día Intenacional da Biblioteca con exposición na entrada do centro.

El lobo estepario

El lobo estepario de Herman Hesse

Orixinalmente concebido polo autor como un grito de alerta e angustia ante a guerra, vai alén disto: é un grito de advertencia e inquietude cara a todos aqueles que descoñecéndose a si mesmos se ven envoltos nas súas propias monstrosidades. Estamos pois fronte a unha arquetípica novela da Bildungsliteratur ou da chamada literatura existencial. El lobo estepario é unha brillante narración sobre as características dun xenio solitario coas súas ruindades e grandezas, e da relación deste co resto da humanidade, tamén coas súas ruindades e grandezas. Pero como ningunha obra de Hesse pode ser lida nun só nivel, é tamén unha alegoría sobre as relacións de poder e saber, tanto a nivel persoal como global. E así mesmo, é unha obra en que o autor volve reflectir sobre o sentido da arte e do amor, e onde volve aparecer a pregunta polo sí mesmo, a posibilidade de ser un mesmo e as consecuencias que iso carrexa. Como noutras obras de Hesse o desafío do protagonista é asumir a súa propia existencia, converterse en él mesmo asumindo as consecuencias desta decisión, por iso aquí a metáfora é a figura do lobo estepario, aquel que corre só polas estepas, que se enfronta en solitario á súa supervivencia. Todo isto se desenvolve na descrición da vida de Harry Haller que transcorre por ambientes asfixiantes, de encontros persoais vacíos, de rúas escuras e de prodixios máxicos ou alucinatorios onde se descobre a dupla, tripla ou múltipla estrutura da realidade.

Iacobus

Iacobus de Matilde Asensi

O libro podería dividirse en dúas partes claramente diferenciadas, a primeira correspondería coa investigación das mortes, supostamente por causas naturais, localizada en Franza, e a segunda, no camiño de Santiago. Matilde Asensi inclúe unha historia de amor ‘imposíbel’, que engade un certo romanticismo a esta novela histórica.
En Iacobus converxen moitas historias reais que aquí se relatan desde unha perspectiva a medio camiño entre o histórico  e o fantástico, pero basicamente o punto fundamental da historia que se narra na novela é a caída dos cabaleiros templarios. Constituidos como unha das ramas máis poderosas de cabaleiros cristiáns, até a propia Igrexa de Roma tivo medo do seu poder. Cuando o papado quere acabar con eles, unha auténtica guerra ideolóxica desátase nas terras da vella Europa. Pero a lenda di que os templarios seguen vivindo na sombra, baixo outras agrupacións e especialmente baixo a protección do rei de Portugal. O fío condutor da novela será o tesouro (Arca da Laianza e tesouro de Salomón) e a lenda dos templarios. Para decubrir eses tesouros ocultos durante séculos o protagonista terá que percorrer o Camiño de Santiago, un lugar máxico en que se entrecruzan tradicións cristiás e pagás, descubrindo aos poucos as pautas que os templarios irán deixando ao longo de todo o camiño. Pero entre medias do mesmo vivirá moitas aventuras. A historia da saltos no tempo resolvendo algún enigmas para despois fixarse no detalles até chegar ao final en que se soluciona todo.

A pantasma de Canterville

A pantasma de Canterville de Oscar Wilde
Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que facía unha gran parvada porque a casa estaba abofé enmeigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma aparecéralle a familiares seus, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor daqueles ruídos tan raros que se sentían ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os mobles non lle eran nin máis nin menos que unha parte do lote que quería mercar. A pantasma ve como o seu poder sobre os vivos se esfuma cando se instala na súa casa unha familia de norteamericanos nada supersticiosos. A pantasma de Canterville é, alén dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de carácter de cada un dos membros dunha familia norteamericana, e das súas reaccións perante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville. No fondo a novela formula unha crítica á sociedade inglesa do século XIX, constrinxida por crenzas moi antigas, e tamén á sociedade norteamericana, que é nova e —segundo o autor— non cre en gran cousa, agás no éxito e nos cartos. O resto dos contos do libro están tinxidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os homes.

A praia dos afogados

A praia dos afogados de Domingo Villar


A segunda novela de Domingo Villar é tamén a segunda entrega das aventuras de Leo Caldas e os eu axudante Estévez, de novo no mesmo escenario principal, Vigo, pero adentrándose no mundo das pequenas aldeas de pescadores que compoñen a paisaxe da costa galega. Nótase a diferenza coa súa primeira novela, sobre todo no tamaño. Parece que Villar puido dedicarlle un pouco máis de tempo á escritura e permitiuse ampliar máis o espazo dedicado ao seu protagonista, a Caldas, nunha serie de pequenos capítulos sobre a súa vida persoal que recordan poderosamente a influencia do sueco Mankell.O peso da novela segue xirando en torno á investigación dun suicidio/asasinato, Os puntos fortes da novela seguen a ser os mesmos, uns bos personaxes, incluíndo os secundarios, unha boa representación da sociedade galega, un bo tour gastronómico cada vez que Caldas se acerca a un bar, e mellora a vida persoal dalgúns personaxes. A parte máis frouxa quizá sexa a resolución da investigación, algo acelerada e a partir dunha casualidade —plantexada, iso si, desde o principio da historia— pero que permite a Villar xogar un poco ao Agatha Christie para despistar o lector. A praia dos afogados será do agrado dos afeccionados ao xénero, que poderán desfrutar dalgunha chicadela que outra como a que fai á autora francesa Fred Vargas. Unha boa novela para consumir as tardes de verán.

Visita da escritora Ana Alcolea

A escritora Ana Alcolea dou unha charla no noso instituto á que asistíu o alumnado de 1º A de ESO e todos os grupos de 2º de ESO.

Comentario da alumna Paloma Fernández Álvarez de 3º B de ESO sobre o libro da autora.

Expo Miguel Delibes

Con motivo da morte do escritor Miguel Delibes realizouse na biblioteca unha exposición da súas obras máis importantes. Así mesmo, na semana do 12 ao 16 de Abril o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu á proxección da película “Los santos inocentes”, acompañada dunha ficha técnica sobre o filme e unha unidade didáctica sobre o autor e a obra.

1984

“1984” de George Orwel1984

George Orwel foi un escritor comprometido na procura da liberdade, na denuncia dos atropelos e agresións contra a condición humana e na defensa da dignidade das persoas. A súa obra 1984 é a última que escribiu e quizá a máis soada da amplísima producción literaria que nos legou. Nela o autor introdúcenos nun hipotético futuro no que un réxime dictatorial controla todos os aspectos da vida privada dos cidadáns. Situada nun Londres dominado polo Partido Único e o Gran Irmán, a historia de Winston Smith convértese nunha extraordinaria análise sobre a ameaza do totalitarismo, a manipulación da verdade histórica e a supresión da liberdade individual.

El señor de los ladrones

El señor de los ladrones

de Cornelia Funke

É o libro máis premiado da literatura xuvenil europea. Cornelia Funke conta unha historia amena en que a autora sabe manter o interese  e o ritmo ao longo de todas as páxinas, chea de aventuras e tamén de algúns elementos fantásticos, pero xogando sempre entre o imposíbel e o verosímil, mesturando moi ben realidade e fantasía. Varias veces parece que a historia vai a acabar e, de súpeto, dá un xiro inesperado mantendo o interese. Así mesmo, está moi ben ambientada en Venecia, transmitindo a beleza desta preciosa cidade. Escrita cun ton xeral agadábel que vale para ser lido por todos os públicos, a historia é tenra, destacando polo seu alto contido humano, con pegadas de Oliver Twist e de héroes como Robin Hood. A idea de fondo é o difícil que é que cada persoa estea contenta co que ten e cómo se cre que o que non se ten (xuventude, madurez, diñeiro…) nos traerá a felicidade. Pero hai tamén outros temas: a necesidade de ser querido (Escipión), a delincuencia xuvenil como medio de supervivencia (Avispa e Própspero), o desinterese dos adultos polos nenos (abandono, maltrato, indiferenza…), a alteración do tempo para alterar a realidade, a importancia da fantasía como válvula de escape, a comprensión (o detective Víctor), a capacidade de perdoar (a pandilla a Escipión), a amizade entre os rapaces, o amor entre os irmáns, o ego´simo (Esther e o seu home), a cobiza (Barbarossa)…

Resultado do concurso de relatos breves sobre o Samaín

pumpkins1do8

Reunido o xurado para deliberar acerca dos premios do concurso de relatos breves sobre o Samaín, resultaron gañadoras:

  • Lía Liñares Masid de 1.º ESO-B
  • Eva Pardo Otero de 1.º ESO-C

O equipo da biblioteca felicita ás gañadoras e agradece a colaboración das demais participantes no concurso.

A Coruña, 23 de Novembro de 2009

La Emperatriz de los Etéreos

“La Emperatriz de los Etéreos” de Laura Gallego

La emperatriz de los etéreosBipa non cre nos contos de fadas. Non lle interesa nada máis alá das covas onde vive a súa xente. Pola contra, o seu amigo Aer, o fillo do estranxeiro, parece que cada vez se afasta máis da realidade e vai deixándose absorber polo brillo da estrela azul… onde din que vive a Emperatriz dos Etéreos. Por que quere partir se no exterior só hai xeo e o único que se encontra é a morte?

Que me queres, amor?

“Que me queres, amor?” de Manuel Rivas

Que me queres, amor?

Un orixinal universo litereaio que enxalza a grandeza do pequeno, que descobre o milagre do mundo no soño dun saxfonista ou na brancura luminosa do leite fesco. Unha ollada dura e, ó tempo, delicada sobre ese territorio no que a realidade linda cos soños, onde se agocha a verdade de cadaquén.

Deste libro só imos ler dous contos, “A lingua das bolboretas” e “Un saxo na néboa” para relacionalos coa película “A lingua das bolboretas”.

La larga marcha

La larga marcha“La larga marcha” de Stephen King

Unha inquietante novela futurista onde a realidade supera á fantasía máis terrorífica. O escenario: unha sociedade ultraconservadora que levoua ao paroxismo os seus trazos máis perversos, dominada por un estado policial. O acontecemento: a máis extraordinaria competición depotiva, unha esgotadora marcha a pé onde unhna escorregadela pode ser o último. Os competidores: cen adolescentes elixidos por sorteo e decididos a pasar sobre os cadáveres dos seus compañeiros para chegar á meta. O premio: fama e fortuna par o gañador, é dicir, para o único supervivente…

Só un será o triunfador.

Os 99 restantes morrerán.

El amor en los tiempos del cólera

“El amor en los tiempos del cólera” de Gabriel García Márquez


El amor en los tiempos del cóleraEl amor en los tiempos del cólera (1985) é unha preciosa obra de amor e tenacidade. O propio autor referiuse a ela en máis de unha ocasión como a súa predilecta entre todas as que escribiu: «O meu libro El amor en los tiempos del cólera, ese é o libro que vai quedar. Cien años de soledad é un libro mítico, e eu non podo desputarlle ningún mérito, pero El amor en los tiempos del cólera é un libro humano cos pés na terra do que somos nós en verdade», que trata dos sentimentos máis puros que poidan albergar os seres humanos, pero sen cegarse neles e reflectindo as adversidades dunha época minada pola pobreza e as guerras civís, así como polas trabas que outros personaxes poñerán a unha relación aparentemente imposíbel entre Florentino Ariza e Fermina Daza, xa que pertencían a clases sociais diferentes e entre eles existía unha considerábel diferenza de idade. Gabriel García Márquez mostra neste libro, a través da viúva de Florentino, como un sentimento apaixonado, ás veces extremo, pode transformar a vida dunha persoa até o punto de facelo desgrazado e perdido nun mundo en que non se sente realizado, pois o amor convértese nunha cega obsesión que destroza calquera posibilidade de mellora para o protagonista, e non cesará na súa loita por conseguir un sentimento recíproco na súa desexada Fermina, con quen se reencontra 51 años e 9 meses despois para confesarlle que a platónica relación que mantiveron na súa xuventude seguía viva no seu su corazón, e que non descansaría até que ela lle correspondese ou, ao menos, aceptase a compañía da súa amizade, unha vez que ela era viúva. Ao longo de toda a lectura é imposíbel non sentir empatía por estes dous personaxes cuxas vidas transcorren de maneiras moi diferentes e cuxo final o lector desexa coñecer canto antes, aínda sentindo certa decepción porque se lle acaban as páxinas de tan sobrecolledora e ben tramada novela.

O Samaín

DSCF9285b

Con motivo da celebración do Samaín realizáronse distintas actividades:

  • Lecturas no salón de actos.
  • Decoración con cabazas esculpidas, carteis e outros adornos para ambientar o salón de actos.
  • Concurso de cabazas.
  • Concurso de relatos breves.

Premios literarios

Durante o mes de outubro fíxose pública a concesión de distintos premios literarios:

Na biblioteca atópanse expostas distintas obras dos autores premiados.

Se desexas saber máis sobre estes autores pica nos seus nomes.

Día da Biblioteca 24 de outubro

PA230105bPA230114bPA230123b

Con motivo do Día da Biblioteca, o venres día 23 de Outubro houbo unha sesión de portas abertas coa exposición de libros e materiais audiovisuais na entrada do Instituto, seleccionados por todos os departamentos do centro.

Asesinato en el Orient Express

Asesinato en el Orient Express

asesinato-en-el-orient-express_agatha-christie_libro-obol051

de Agatha Christie

Publicado en 1934, Asesinato en el Orient Express, como moitos dos libros de Agatha Christie, está baseado en feitos reais, neste caso o secuestro dun fillo do aviador Lindbergh. O libro, escrito de maneira sinxela e accesíbel, vai dando maiores doses de información pouco a pouco para permitir ao lector adiantar acontecementos e solucionar o caso. Trata sobre un crime nun vagón do tren “Orient Express”. Un vello millonario, o señor Ratchett, morre apuñalado violentamente, e todos os viaxeiros pasan a ser sospeitosos, xa que o tren quedara parado en medio da neve e, evidentemente, o asasino non puido escapar. Hércules Poirot, o famoso e meticulosos detective belga, viaxa neste tren camiño a casa. Decide interrogar un por un todos os viaxeiros, para tratar de descubrir cal deles o fixo. Aos poucos descobre que varios deles gardan escuros segredos e tiveran no pasado relación dalgún tipo co morto, un home realmente odioso, por outra parte, que se descubrirá estivo implicado na morte, anos atrás, da pequena Daisy Armstrong. O desenlace é un dos finais máis impactantes e orixinais de toda a súa obra e da literaura policíaca en xeral.

Diario de Ana Frank

Diario

diario-de-ana-frank-2

de Ana Frank

Oculta coa súa familia e outros xudeus no seu escondite de Ámsterdam durante a ocupación nazi de Holanda, Ana Frank conta no seu diario a vida do grupo. Nese lugar e nas máis precarias condicións, escribiu o seu estremecedor testemuño, único no seu xénero, sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Ana, na efervescencia da súa aolescencia, e os seus acompañantes.
Cando Otto Frank regresou a Ámsterdam, Miep Gies, unha das persoas que lles axudara durante a súa estadía no anexo, entregoulle o diario que a súa filla escribira mentres estaban escondidos. En 1947 seu pai decide publicar o diario por primeira vez baixo o título Het Achterhuis (“A casa de atrás”) en Holanda. En abril de 1955 publícase a primeira tradución ao español co título Las habitaciones de atrás. En 1998 publicáronse cinco páxinas máis descoñecidas do citado diario, que foran suprimidas por seu pai porque nelas Ana criticaba duramente a súa nai.
Desde a súa publicación, o Diario converteuse nun dos libros máis lidos en todo o mundo, en especial en Israel, Estados Unidos e Reino Unido.

Sueños de robot

Sueños de robot

suenos-de-robot

de Isaac Asimov

É unha colección de contos curtos, a maioría foran publicados noutras coleccións anteriormente sendo esta recompilación motivada pola colección de debuxos realizada por Ralph McQuarrie (deseñador de numerosas películas de ciencia ficción) ilustrando as historias de Asimov. A historia Sueños de robot foi a única escrita explícitamente para esta recompilación e narra o descubrimento pola doutora Susan Calvin dun robot con perturbadores soños. Moitas das outras historias están inspiradas en conflitos entre os robots e as tres leis da robótica de Asimov, conxunto de normas que a maioría dos robots das súas novelas e contos están deseñados para cumprir: un robot non debe danar un ser humano ou, pola súa inacción, deixar que un ser humano sufra dano; un robot debe obedecer as ordes que lle son dadas por un ser humano, excepto se estas ordes entran en conflito coa Primeira Lei, e un robot debe protexer a súa propia existencia, até onde esta protección non entre en conflito coa Primeira ou a Segunda Lei.
Asimov consideraba dous dos relatos desta colección, La última pregunta e El chiquillo feo como os seus dous traballos curtos predilectos seguidos por El hombre del bicentenario publicado noutras recompilacións. Pola súa parte, o relato Sueños de robot foi nominado aos premios Nébula de 1986 e Hugo de 1987 como mellor historia curta gañando o premio Locus de 1987 da mesma catego-ría e aparece noutras recompilacións de historias de robots de diferentes autores.

Encontro con Raúl Vacas

O martes 28 de Abril, na primeira sesión da tarde, alumnos 1º ESO-B, de 3º de ESO, 4º A e 4ºB, tiveron un encontro co escritor Raúl Vacas, do que previamente leron e traballaron co seu libro Consumir preferentemente. A charla foi moi amena, tentando facer comprender ao alumnado que calquera tipo de elemento se pode constituír en materia poética e convidándoo a que se animasen a escribir facendo chegar a poesía á cotidianidade.
Na segunda sesión da tarde, un número máis reducido de alumnos, 29 en total, participaron co escritor nun taller de poesía. Como se se tratase dun mago, comezou a sacar obxectos do seu maletín, como un bingo, para escribir poemas sobre algo tan teoricamente antipoético como unha cebola. Despois, pediulles que cambiasen a palabra cebola, por outras, e os resultados foron asombrosos. Poderíase dicir que entre o alumnado participante do taller había boa madeira de poetas na liña proposta por Raúl Vacas.

23 de abril: Día Internacional do Libro

Celebrouse o Día Internacional do Libro

Como acto simbólico desta conmemoración, a 5.ª hora, en todos os grupos e niveis do centro, o profesor correspondente levou un libro á aula que comezou a ler en alto,
para despois ir lendo fragmentos consecutivos o resto do alumnado até completar os 50 minutos.

O autor e a súa obra: Fran Alonso

fran-alonso-4

O 21 de Abril, ás 4:20 da tarde, o alumnado de 4º de ESO tivo un encontro no Salón de Actos co escritor Fran Alonso, de quen leron e traballaron previamente a súa antoloxía da poesía galega Poetízate.

As bruxas

As bruxas

de Roald Dahl. Hai película (La maldición de las brujas).
As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e a súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel. Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar. E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos.As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que non dan tregua ao lector até o seu remate.

Charlie e a fábrica de chocolate

Charlie e a fábrica de chocolate

de Roald Dahl

Clásico da literatura infantil en lingua inglesa do século XX, algúns describírono como un libro de ciencia ficción para nenos. A narración mantén un ritmo tan vertixinoso que fai que sexa un dos libros de Dahl máis aceptado e recoñecido polos seus lectores.
A aventura é vivida por cinco nenos que representan algúns dos estereotipos infantís máis comúns: o guloso (un neno obeso que só vive para comer), o caprichoso (unha nena cuxos pais lle conceden todo aquilo que se lle antolla) , o alienado (un rapaz obsesionado coa televisión), a maniática (unha nena cuxo obxectivo na vida é bater o record de mascar chicle) e por último o neno ideal e por suposto, o protagonista: Charlie, con múltiples virtudes, discreto, cariñoso, solidario, encantador e, a diferenza dos outros rapaces, pobre de solemnidade.
Cando se publicou a novela orixinal foi acusada de racista polo trato escravista que Dahl daba aos Oompa Loompas. En sucesivas edicións (a partir de 1973), estes personaxes pasaron de ser pigmeos africanos a hippies ananos. As súas orixes foron cambiadas de África á ficticia Loompaland.
A historia xa mereceu duas adaptacións para o cinema, Willy Wonka & the Chocolate Factory de Mel Stuart, con Gene Wilder, en 1971 e Charlie and the Chocolate Factory de Tim Burton, con Johnny Depp, en 2005. Roald Dahl escribiu unha secuela en 1972, Charlie e o grande ascensor de cristal (Charlie and the Great Glass Elevator).

Made in Galiza

Made in Galiza

de Séchu Sende.
Con espírito rebelde e unha imaxinación literaria desbordante, Séchu Sende entra no tema da lingua no seu libro Made in Galiza. A lingua como o produto máis rico e mellor elaborado da Galiza, a lingua como creación, non como corsé, a lingua como espazo de comunicación no que todos interveñen e todas teñen algo que dicir. Este libro de relatos, escrito desde a máis absoluta falta de prexuízos, revira as situacións, dálle a volta aos problemas e encara a situación da lingua galega coa liberdade que lle outorga o humor e un pulo narrativo extraordinariamente orixinal.
Neste libro de relatos interioriza e fai súa a situación do galego como lingua en permanente conflito. Historias orixinais, que non se deteñen ante os tópicos lingüísticos e literarios, que lles dan a volta, que os reviran, para facer das supostas debilidades as grandezas e a forza dun proxecto literario que quere intervir na realidade, que se compromete e esixe que o lector se comprometa pero que o fai coas armas do humor, a imaxinación e a literatura viva, directa, concibida como liberdade das lectoras, dos lectores, e do escritor.
A narración como espazo lúdico, o xogo como transgresión e método para implicarse na realidade. Séchu Sende refuga a literatura como escape, todo o contrario, volve a ela desde a liberdade para propoñer cambiar a realidade. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.
De obra “curiosa” con relatos de xeito humorístico que presentan a situación do conflito lingüístico na comunidade autónoma. Séchu Sende defende a súa obra destacando dela que “é un libro curioso porque trato un tema social pero ao mesmo tempo introduzo elementos máxicos. Escribino para satisfacerme a min mesmo e para que fose un libro compartido”.  En Made in Galiza, Sende emprega a retranca para presentar os problemas do galego como lingua e convidar aos castelán-falantes a que “consideren o achegarse á lingua desde outra perspectiva para enriquecerse cultural e persoalmente”.  “Galiza é unha fábrica de palabras e non podemos rexeitar o noso produto, o galego, porque é a nosa etiqueta máis orixinal e máis valiosa que nos fai únicos como pobo”.

O perfume

O perfume

de Patrick Süskind

É un libro en que mostra a ambición do home e o interese cara ao externo. O protagonista é un ser paixonal que se deixa levar polas cousas materiais e bonitas, enlouquece e adora o estético.
O autor utiliza unha expresión realmente dura, descrición do entorno, descrición dos aromas… permítenos percibir todos os aromas que se describen na novela, até os que nos eran descoñecidos, e sentir o mesmo noxo e repugnancia que sentía Jean Baptiste Grenouille. É capaz de facernos imaxinar onde está Grenouille sentado, de facernos sentir o mesmo que sentía el, de facernos ulir o que só el podía percibir, de facernos percorrer as rúas de París sen necesidade de viaxar no espazo, tan só coa imaxinación.
Cando algún dos nosos sentidos se altera, percibimos o mundo dun modo diferente, o que precisamente ocorre co protagonista da obra, quen ten un olfato extraordinariamente desenvolvido. Ten un don excepcional para recoñecer e memorizar os cheiros, carece de moral, ética e conciencia. Só posúe un obxectivo, o propósito concreto da súa vida: crear o perfume perfecto e para iso todo é válido, mesmo o crime. Non lle importa absolutamente nada do mundo exterior, vive nun mundo rodeado de cheiros en que o seu único obxectivo ou propósito é obter o perfume perfecto, aínda infrinxindo algunha lei. O seu corazón non sente emoción ningunha. É un amante da brutalidade, da incontinencia e dos vicios.

O perfume

O perfume

o_perfume

de Patrick Süskind

É un libro en que mostra a ambición do home e o interese cara ao externo. O protagonista é un ser paixonal que se deixa levar polas cousas materiais e bonitas, enlouquece e adora o estético.
O autor utiliza unha expresión realmente dura, descrición do entorno, descrición dos aromas… permítenos percibir todos os aromas que se describen na novela, até os que nos eran descoñecidos, e sentir o mesmo noxo e repugnancia que sentía Jean Baptiste Grenouille. É capaz de facernos imaxinar onde está Grenouille sentado, de facernos sentir o mesmo que sentía el, de facernos ulir o que só el podía percibir, de facernos percorrer as rúas de París sen necesidade de viaxar no espazo, tan só coa imaxinación.
Cando algún dos nosos sentidos se altera, percibimos o mundo dun modo diferente, o que precisamente ocorre co protagonista da obra, quen ten un olfato extraordinariamente desenvolvido. Ten un don excepcional para recoñecer e memorizar os cheiros, carece de moral, ética e conciencia. Só posúe un obxectivo, o propósito concreto da súa vida: crear o perfume perfecto e para iso todo é válido, mesmo o crime. Non lle importa absolutamente nada do mundo exterior, vive nun mundo rodeado de cheiros en que o seu único obxectivo ou propósito é obter o perfume perfecto, aínda infrinxindo algunha lei. O seu corazón non sente emoción ningunha. É un amante da brutalidade, da incontinencia e dos vicios.

O autor e a súa obra: Fernando Lalana

fernando-lalana

O 24 de Marzo, ás 9:00 o alumnado de 1º de ESO e ás 10:30 o alumnado de2º e 3º de ESO tiveron un encontro no Salón de Actos co escritor Fernando Lalana, de quen leron e traballaron previa y respectivamente os seus libros Mande a su hijo a Marte e Almogávar sin querer. Sorprendeu a capacidade e facilidade de Fernando Lalana á hora de facer que o encontro fose máis un coloquio activo co alumnado que propiamente un monólogo-charla pola súa parte. Tamén hai que recoñecer o interese do alumnado e a batería de preguntas continuas, que tamén permitiron que a actividade fose moi proveitosa e participativa pola súa parte.

Actividades do Día da Poesía

Con case un mes de antelación sobre a data comezáronse a organizar as actividades do Día da Poesía. Este ano estamos especialmente sensibilizados co tema, porque estamos un pouco cansos de que a narrativa ocupe un lugar tan predominante nas lecturas do alumnado. Contando coa colaboración dos Departamentos de Lingua Galega e Literatura e de Lingua Castelá e Literatura, o alumnado da ESO participou escribindo cada un un poema en que figuraba ao final o seu nome e curso. Ao mesmo tempo, estabelecéronse os contactos para conseguir o material para facer una solta de globos (para ver fotos pincha aquí) inchados con helio en que fosen pendurados os poemas e un papel (para velo pincha aquí) indicando de que se trataba a actividade e que pretendíamos con ela, para que quen os encontrase, enviase o seu parecer ao enderezo (postal e electrónico) do Instituto indicando tamén até onde chegou cada globo.
Á parte dos poemas derivados da organización e obtención do material, o día da actividade xurdiu un imprevisto co que non contabamos: os globos de helio non foron capaces de elevarse co peso dos dous DIN A4, o do poema e o da carta que informaba da actividade, caían irremediabelmente ao chan. De maneira que houbo que coller un atallo, moi ao noso pesar: metéronse tan só os poemas nos globos desinchados e posteriormente incháronse e atáronse. Con ese peso só, subiron sen problemas. Faltounos o asesoramento fundamental do Departamento de Física para estas cuestións, feito a través de ensaios de laboratorio. Pero xa temos a solución e o camiño feito para a próxima vez.

Expo: Un mar de linguas

Expo Un mar de linguas

Un mar de linguas
En colaboración co Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística, a exposición Un mar de linguas recolle abundante información sobre a situación das linguas no mundo, tentando sensiblizar aos seus detinatarios sobre a riqueza que supón a pluralidade lingüística, o interese por aprender diferentes linguas e a problemática de supervivencia das linguas minorizadas. Hai tamén poemas vertidos a diferentes linguas.

Exposición do Día da Muller Traballadora

 Igual que en anos anteriores e en colaboración co Departamento de Orientación, colocáronse en todos os taboleiros das zonas común do centro carteis alusivos á situación da muller traballadora, aspiracións e reivindicacións, así como ao da súa importancia no mundo actual.

Marina

Marina

marina

de Carlos Ruíz Zafón

Aínda que se lle colocou a etiqueta de “novela xuvenil”, talvez porque os seus protagonistas o son, o que nela sucede pode ser apreciado e desfrutado por un público adulto. Ambientada na Barcelona dos finais dos 70, que aparece reflexada en belos pasaxes descritivos, a historia comeza con misterio para manter a atención do lector e continuar coa historia do amor dos dous protagonistas, alternando ese romance do presente coa historia do pasado, un tanto folletinesca e gótica, contada polas testemuñas entrevistadas. Á parte do misterio e o medo, un toque poético e nostálxico impregna algunhas pasaxes da evocación do pasado. Chama a atención a narración da vida de cada personaxe, historias dramáticas que se repiten algunhas varias veces, pero desde diferentes puntos de vista, quer dicir, explicadas por distintas persoas que coñeceron a vida do personaxe que describen. A través delas, podemos observar numerosos e complexos personaxes, cada un pezas do misterio a resolver, e cuxo segredo persoal encerra  pequenas  e preciosas sub-historias individuais, que se irán coñecendo aos poucos. Nunha trama intrigante en que acaba encaixando unha historia construída a base de retazos doutras, hai acción, misterio, drama, suspense, experimentos cirúrxicos, persecucións… situación incríbeis (como a resurrección de Kolvenik) que dentro do marco da novela case se tornan verosímiles. As descricións son realmente fantásticas, case poéticas en que, máis que imaxinar a situación, séntese.

Crepúsculo

Crepúsculo

de Stephenie Meyers

Non hai amor máis pleno que o prohibido e máis morboso e desexado que o perigoso, ou cando todo parece estar na súa contra. Crepúsculo é unha novela de amor xuvenil e fantasía tinxida de dozura, cun toque cómico e de aventura. A idea do libro surxiu a partir dun soño, a transcrición do que é agora o capítulo 13. Está narrado en primeira persoa desde o punto de vista de Bella, una rapariga de 17 anos que comeza a descubrir a súa parte feminina despois da intensa atracción que sente por Edward, un dos irmáns Cullen, un vampiro que se dedica a pasar inadvertido entre o resto dos humanos. Desde a súa visión, conseguimos que nos invadan as mesmas dúbidas que a ela sobre a verdadeira natureza de Edward, que non acaban co desenlace da obra. A autora soubo plasmar de maneira maxistral as inquietudes da xuventude actual, trasladándoas a un mundo de seres centenarios que debido á súa aparencia xuvenil están cursando os estudos que corresponden co seu aspecto exterior. Móstranos as frustracións e sentimentos duns seres que teñen que conterse constantemente para non caer na tentación do sangue, polo que non se relacionan co resto da humanidade por medo a danalos. A sensualidad e perigosidade que emanan ao estaren xuntos constitúe unha relación moi atraente para o lector. Os secundarios que rodean a parella son varios e moi complexos, desde a familia Cullen pasando polos compañeiros de escola de Bella, uns indíxenas da rexión que saben máis do que contan…. todos eles cobren a xa de por si complexa relación dunha adolescente cun vampiro centenario que se encontra perigosamente atraído por esta rapariga que non deixa de sorprendelo constantemente.

Diario de Ana Frank

Diario

diario-de-ana-frank-2

de Ana Frank

Oculta coa súa familia e outros xudeus no seu escondite de Ámsterdam durante a ocupación nazi de Holanda, Ana Frank conta no seu diario a vida do grupo. Nese lugar e nas máis precarias condicións, escribiu o seu estremecedor testemuño, único no seu xénero, sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Ana, na efervescencia da súa aolescencia, e os seus acompañantes.
Cando Otto Frank regresou a Ámsterdam, Miep Gies, unha das persoas que lles axudara durante a súa estadía no anexo, entregoulle o diario que a súa filla escribira mentres estaban escondidos. En 1947 seu pai decide publicar o diario por primeira vez baixo o título Het Achterhuis (“A casa de atrás”) en Holanda. En abril de 1955 publícase a primeira tradución ao español co título Las habitaciones de atrás. En 1998 publicáronse cinco páxinas máis descoñecidas do citado diario, que foran suprimidas por seu pai porque nelas Ana criticaba duramente a súa nai.
Desde a súa publicación, o Diario converteuse nun dos libros máis lidos en todo o mundo, en especial en Israel, Estados Unidos e Reino Unido.

A muller, innovadora na ciencia

 


Recibimos da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración da Vicepresidencia, Consellaría de Educación e Consellaría de Innovación e Industria unha serie de carteis para exposición sobre o tema de “A muller, innovadora na ciencia”, que pasa revista ás mulleres máis destacadas neste ámbito. O centro púxolles cartón pluma e están expostos no corredor de acceso á biblioteca. Dado que non viña con ninguna unidade didáctica, preparouse unha actividade con preguntas sobre o contido dos carteis de dous niveis diferentes, para ESO e Bacharelato, por parte do Departamento de Matemáticas.

O Principiño

O Principiño

de Antoine de Saint-Exupéry (Valga, 9). Hai película (El principito).
Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avaría do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ao seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe venenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.

O vixía no centeo

O vixía no centeo

de  J.D. Salinger
Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da colexio, decide deixalo antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á fuxida cara adiante de Holden quen, expulsado do seu elitista colexio, decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Neses tres días, nos que cronoloxicamente se desenvolve a novela, Holden enfróntase ás súas propias contradicións e ao imperioso desexo de fuxida. Fuxir do mundo que lle agarda ao medrar, como se nese fuxir a única saída fose inmobilizar o tempo. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a todos os  mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación ao sexo…, contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa. Ao mesmo tempo asistimos a unha dura crítica da sociedade americana de mitade do século XX. Holden Caulfield é, desde 1951, ano da publicación de O vixía no centeo, o sinónimo de adolescente inconformista, o símbolo da autoafirmación do individuo fronte a un medio hostil, maxistralmente retratado por un autor que foi repudiado no seu país e os seus libros considerados “prohibidos” e unha obra disfrazada de novela simple que, a partir de un só personaxe revolucionario, nos mostra toda unha nova realidade.

Sueños de robot

Sueños de robot

de Isaac Asimov

É unha colección de contos curtos, a maioría foran publicados noutras coleccións anteriormente sendo esta recompilación motivada pola colección de debuxos realizada por Ralph McQuarrie (deseñador de numerosas películas de ciencia ficción) ilustrando as historias de Asimov. A historia Sueños de robot foi a única escrita explícitamente para esta recompilación e narra o descubrimento pola doutora Susan Calvin dun robot con perturbadores soños. Moitas das outras historias están inspiradas en conflitos entre os robots e as tres leis da robótica de Asimov, conxunto de normas que a maioría dos robots das súas novelas e contos están deseñados para cumprir: un robot non debe danar un ser humano ou, pola súa inacción, deixar que un ser humano sufra dano; un robot debe obedecer as ordes que lle son dadas por un ser humano, excepto se estas ordes entran en conflito coa Primeira Lei, e un robot debe protexer a súa propia existencia, até onde esta protección non entre en conflito coa Primeira ou a Segunda Lei.
Asimov consideraba dous dos relatos desta colección, La última pregunta e El chiquillo feo como os seus dous traballos curtos predilectos seguidos por El hombre del bicentenario publicado noutras recompilacións. Pola súa parte, o relato Sueños de robot foi nominado aos premios Nébula de 1986 e Hugo de 1987 como mellor historia curta gañando o premio Locus de 1987 da mesma catego-ría e aparece noutras recompilacións de historias de robots de diferentes autores.

30-I-09 Día da Paz

Día da Paz 2009

En conmemoración do Día da Paz, na entrada do noso centro colocáronse 6 carteis da autoría de Beatriz González da Biblioteca do IES Río Cabe, así como o texto e fotos do fotógrafo e xornalista Gervasio Sánchez, que nos pareceu moi significativo e adecuado coa data.
Asemade, na aula A-B, inaugurouse o 28 de Xaneiro a exposición “Objetivos del 1000enio”, promovida pola Asamblea de Cooperación por la Paz, que permanecerá durante a semana do 2 ao 6 de Febreiro. Os días 4 e 5 será visitada polo alumnado da ESO cunha monitora e o resto dos días estará dispoñíbel para o profesorado e alumnado de bacharelato e ciclos.  A exposición explica en que consistiu a Declaración do Milenio, asinado por 189 países (entre eles España) baixo o auspicio da ONU, así como os obxectivos principais a conseguir do 2000 ao 2015: erradicar a pobreza extrema e a fame; lograr a educación primaria universal; promover a igualdade entre sexos e a autonomía da muller; reducir a mortandade infantil; mellorar a saúde materna; combater a SIDA, a malaria e outras doenzas; garantir a sostenibilidade do medio ambiente e fomentar una asociación mundial para o desenvolvemento. Compleméntase tamén coa situación en Marroco e o Rif e con que pode facer cada un para avanzar no logro deses obxectivos.

Expo “E ti que les?”


Durante o presente mes de Xaneiro figuran no corredor do piso baixo do noso centro os paineis da exposición E ti que les? cedida polo IES de Sabón.
A finalidade da exposición é falar de libros e fomentar o amor pola lectura. En total son 47 paineis cos rostros de diferentes artistas, deportistas, comunicadores, fotógrafos, etc., xunto cun texto da súa autoría alusivo a lecturas e escritores que dalgunha maneira marcaron a súa vida.
A exposición compleméntase cun vídeo feito para o proxecto coas voces deses 47 personaxes.
Desde aquí queremos agradecer a cada un deses partipantes e, especialmente, ao IES de Sabón por esta brillante iniciativa, tan interesante e aproveitábel.

La llave mágica

La llave mágica

de Lynne Reid Banks

Cando parecía que non ía ter ningún regalo interesante no seu día dos anos, a Omri regálalle un dos seus irmáns un bonito armariño de madeira. Súa nai proporciónalle una chave que o abre e o pecha. Pero o máis alucinante é que ese armario e esa chave é capaz de converter a figura dun indio de xoguete nun ser real… de cinco centímetros de altura. A cousa complícase cando o seu amigo Patrick se enteira e fai que cobre vida un vaqueiro, co que o enfrontamento histórico indio-vaqueiro está servido. Ambos os amigos deberán aprender que non todo é soamente diversión sen preocupacións, tamén significará responsabilidades. Os avatares do pequeno dono por conservar a nova vida dos seus pequenos amigos (pequenos, pero adultos) é a trama do relato. O tema que toca é o do valor da vida humana e as responsabilidades orixinadas por facerse cargo dunha persoa ao mesmo tempo que Omri se ve na imperiosa necesidade de aprender sobre os costumes e crenzas de Pequeno Oso, o que vai tamén facer que cambie a súa vida.

Asesinato en el Orient Express

Asesinato en el Orient Express

de Agatha Christie

Publicado en 1934, Asesinato en el Orient Express, como moitos dos libros de Agatha Christie, está baseado en feitos reais, neste caso o secuestro dun fillo do aviador Lindbergh. O libro, escrito de maneira sinxela e accesíbel, vai dando maiores doses de información pouco a pouco para permitir ao lector adiantar acontecementos e solucionar o caso. Trata sobre un crime nun vagón do tren “Orient Express”. Un vello millonario, o señor Ratchett, morre apuñalado violentamente, e todos os viaxeiros pasan a ser sospeitosos, xa que o tren quedara parado en medio da neve e, evidentemente, o asasino non puido escapar. Hércules Poirot, o famoso e meticulosos detective belga, viaxa neste tren camiño a casa. Decide interrogar un por un todos os viaxeiros, para tratar de descubrir cal deles o fixo. Aos poucos descobre que varios deles gardan escuros segredos e tiveran no pasado relación dalgún tipo co morto, un home realmente odioso, por outra parte, que se descubrirá estivo implicado na morte, anos atrás, da pequena Daisy Armstrong. O desenlace é un dos finais máis impactantes e orixinais de toda a súa obra e da literaura policíaca en xeral.

Dublineses

Dublineses

de James Joyce

Dublineses (en inglés, “Dubliners”) é unha colección de quince relatos curtos que pretenden ser unha franca e satírica descrición das clases media e baixa irlandesas, no Dublín dos primeiros anos do século XX. Joyce, que despois sería o pioneiro no uso do monólogo interior como recurso narrativo, utiliza nesta obra un estilo superficialmente máis realista, para ofrecer unha seca e naturalista descrición dos personajes. As historias escribíronse nun momento en que o nacionalismo irlandés estaba no seu apoxeo, e dominaba en Irlanda a procura ardente dunha identidade nacional. Atrapado nunha encrucillada da historia e da cultura, o país encontrábase sacudido por varias ideas e influencias converxentes. Estes relatos ofrecen unha visión, pouco ou nada agradábel, dos conflitos que estas tensións xeraron na vida da xente llana de Dublín. Moitos dos personaxes de Dublineses aparecerán posteriormente en papeis de menor importancia na novela fundamental de Joyce, Ulises. As historias iniciais da colección céntranse nos nenos como protagonistas, e á medida que o libro avanza paralelamente, os protagonistas crecen en idade. Tamén van crecendo correspondentemente a sofisticación e a sutileza do desenvolvemento literario.

As consecuencias do expurgo

Algúns dos Departamentos xa efectuaron na biblioteca o expurgo dos libros relacionados coa materia que imparten. Os libros que non son propios para uso do alumnado, dos que hai moitos exemplares que non teñen utilidade ou os que non acaban nos departamentos, póñense na entrada para que os leve quen queira. Onte fixemos a primeira experiencia, incluíndo material de Literatura Galega (fundamentalmente unha das tres famosas coleccións que temos dos libros verdes de La Voz de Galicia que aínda estaba sen rexistrar), Literatura inglesa e americana (maiormente libros de ciencia ficción de segunda orde que nunca se levaron emprestados), Lingua Galega, Ciencias Naturais e Matemáticas.
A experiencia foi un éxito: no primeiro recreo desapareceu a metade dos libros e, no segundo, a metade dos que quedaban. Parece que se se regalan libros non hai problemas para levalos para a casa, pero se chos deixan na biblioteca (coa vantaxe que, unha vez lidos, non che ocupan espazo na casa, porque se devolven), hai xente que leva os libros gratis pero que non se molesta nin en pisala. Curioso país o noso!

A Europa das linguas

A Europa das linguas


Durante o mes de Decembro colocouse no corredor da entrada do Instituto a exposición “A Europa das linguas”. Os 24 carteis proporcionados pola AS-PG recollen a diversidade lingüística dos estados europeos, dunha maneira clara e concisa, facendo especial fincapé na súa situación e na importancia do plurilingüismo. En coordinación co Departamento de Lingua Galega e Literatura organizáronse simultaneamente actividades co alumnado de 3º e 4º da ESO, fundamentalmente encamiñadas a comprobar como son excepción os estados monolingües e cal é a situación das linguas en cada un deses estados.

Encontro co escritor Bali Rai

O día 26 de Novembro tivemos na biblioteca un econtro co escritor británico descendente de punxabís, Bali Rai. A súa obra, Un casoiro ben mal amañado, foi o libro escollido polo Club de Lectura para o mes de Novembro, por iso a maioría dos participantes pertencían ao Club, cun número importante, tendo en conta que era época de exames para os alumnos de 2º de Bacharelato e o 26 convocouse xornada de folga estudantil. Acudiron tamén os pais dun dos tradutores do libro para o galego. O encontro foi moi entretido. Bali Rai é un home simpático e agradábel á hora de contar as súas vivencias, falar do seu libro e reflexar a súa visión do mundo pluricultural de Leicester, localidade inglesa en que reside. A maioría dos presentes entendeuno en liñas xerais porque o seu inglés era moi claro. Con todo, para evitar calquera tipo de dúbidas, veu con el un intérprete que fixo moi ben o seu traballo.

Actividades novas previstas

Novas actividades para o trimestre 

En datas próximas deste trimestre, xunto con outras actividades xa experimentadas en cursos anteriores,  o equipo da biblioteca conta con organizar unha serie de actividades novas, que serán levadas a cabo por diferentes grupos de traballo:
• Elaborar a revista dixital da biblioteca, cun equipo formado por membros do profesorado e do alumnado.
• Organizar un punto de intercambio de libros, filmes e información cultural.
• Pór en marcha o grupo de traballo para elaborar o Proxecto Lector de Centro.
                  
 

 

Exposicións e información dos últimos días

Exposicións na biblioteca


No mes de Outubro concedéronse importantes premios literarios de 2008, como son o Nobel de Literatura, os Nacionais de Narrativa e Narrativa Infantil e Xuvenil e o Planeta de Narrativa. O Nobel racaeu no escritor francés J.M.G. Le Clézio, o Nacional de Narrativa foi concedido ao libro El mundo de Juan José Millás (gañador do Planeta do ano pasado), o Nacional de Narrativa Infantil e Xuvenil á obra O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, e o Planeta de Narrativa ao libro La hermandad de la buena suerte de Fernando Savater.
En vista destes acontecementos, fíxose una exposición na biblioteca e elaboráronse follas informativas sobre o Premio Nobel, o Premio Nacional de Narrativa e de Narrativa Infantil e Xuvenil e o Premio Planeta.
Así mesmo, informouse a todos os cursos de que había esta exposición dos premios e tamén outra de novidades do trimestre, colocando follas informativas ao respecto nos taboleiros das aulas e do centro.
 

 

Presentación da biblioteca ao alumnado novo

Aínda que con bastante retraso por culpa de outras tarefas urxentes e prioritarias que nos absorberon a nosa capacidade operativa, os días 11 e 12 de Novembro o alumnado de 1º de ESO visitou a biblioteca con motivo de facerlle a súa presentación. Entregóuselles e explicóuselles o tríptico da biblioteca  en que figuran as súas Normas, Servizos e Organización, xunto cos códigos alfanuméricos e de cor da CDU e un plano da sala de lectura. Neste plano figuran o mobiliario, do que se fixo tamén referencia da súa función, o equipamento e a distribución dos diferentes apartados da CDU.

Expurgo na biblioteca

Expurgo na biblioteca

Por causa da acumulación de libros en certos estantes da biblioteca e da existencia de moitos exemplares obsoletos ou inadecuados para una biblioteca escolar, que ademais impiden a ubicación de novos materiais mási actualizados e interesantes para o alumnado, a primeiros de Novembro tomouse a decisión de realizar un expurgo atendendo aos seguintes criterios:
1. Os Xefes dos departamentos do Instituto serán os encargados de coordinar o expurgo das seccións da CDU que lles corresponda pola súa especialidade.
2. O criterio de selección debe ser fundamentalmente o de que o material que quede na biblioteca sexa para ser empregado fundamentalmente polo alumnado, fondos que lles interese ou que lles poida servir para realizar calquera pesquisa, investigación ou tarefa propia do seu nivel.
3. Expurgaranse os exemplares obsoletos ou dos que haxa varios exemplares cuxa cantidade non teña unha utilidade práctica.
4. Os fondos que non queden na biblioteca irán pasando polos seguintes destinos, na orde que se indica:
1. Os departamentos, cando sexan de interese para a consulta por parte do profesorado.
2. Un estante que se colocará na entrada do Instituto para que, aqueles exemplares que non queden na biblioteca ou nos departamentos, os leve quen queira.
3. As bibliotecas públicas que os acepten, os que queden dos dous puntos anteriores.
4. Un punto de reciclaxe, todos os que queden dos tres puntos anteriores.
5. Os libros que non estean aínda informatizados (sen etiqueta no lombo) irán directamente pasando polos destinos anteriormente indicados. Os que estean informatizados (con etiqueta no lombo), no programa Meiga será indicada a súa nova ubicación, se van aos departamentos, ou serán dados de baixa nos outros casos (estante para agasallo, bibliotecas públicas ou punto de reciclaxe).

Samaín

Samaín 2008
Comezaron os preparativos do Samaín 20 días antes da data, coa petición de colabroración aos profesores dos departamentos de Lingua Castelá e Literatura e de Lingua Galega e  Literatura para que escollesen textos sobre encontros entre vivos e mortos para que os lesen os alumnos de 1º de ESO. Aínda que a lectura estaba prevista para o día 31, o máis indicado porque é o da noite de Samaín, tivo que posporse para a primeira hora do martes día 4 de Novembro, xusto despois da volta desta pequena ponte escollida polo Instituto.
Na semana da celebración, pasouse polas aulas de 1º de ESO informando sobre o significado do Samaín, así como de lecturas e películas relacionadas co tema. Pasóuselles unha folla con información para os alumnos e para os taboleiros. Ao mesmo tempo, tamén se lles informou e se deixou na aula a convocatoria dos concursos de cabazas e de relatos breves sobre o Samaín. Do concurso de cabazas resultaron gañadoras Julia Charlín e Sara Rey, ambas de 1º C. As súas cabazas formaron parte do decorado do salón de actos o día das lecturas dos textos.
As lecturas dos textos realizáronse no salón de actos do centro, previamente ambientado para o efecto: só coas luces dunhas cantas velas e da pantalla que mudaba de cor e figuras xeradas polo reprodutor Windows Media, teas de araña por todos os lados, as cabazas dos alumnos gañadores do concurso, dous esqueletos do departamento de Ciencias Naturais, gorros de bruxas, guirlandas de morcegos e caveiras, música de películas de medo… Á entrada, o alumnado era recibido co videoclip Thriller de Michael Jackson.
 

 

“24 de Outubro Día da Biblioteca”

O día 24 de Outubro celebrouse o Día da Biblioteca e con tal motivo, no Instituto realizamos o equipo da nosa biblioteca organizou unha xornada de portas abertas.
Colocamos uns cartaces nas columnas da entrada cun texto do escritor Agustín Fernández Paz, outros co texto “Se tes una pregunta, xa tes resposta” que fai alusión ás bibliotecas como recurso principal de documentación e os que indicaban “24 de Outubro Día da Biblioteca”.
Tapando a vitrina expositora da entrada colocamos un mural alusivo á celebración relizado polo alumno de 1º de Bacharelato Manuel Soto López. Debaixo, dúas mesas mostraban unha selección de fondos da biblioteca feita por todos os departamentos do Instituto coa finalidade de mostrar un amplo abano de libros e filmes atractivos para o alumnado
No lado esquerdo das mesas penduramos unha caixa de cartón aberta e boca abaixo con libros tamén pendurados dela con dous textos que puñan: “Biblio = Libro, Teca = Caixa. Biblioteca: A caixa dos libros” e “A nosa biblioteca: unha caixa aberta para todos”.
Enfronte da caixa, unha pequena mesa exhibía varios exemplares de tres títulos (Saxo tenor, Adiós María e Filosofía da saudade, tres excedentes da biblioteca en grande cantidad) e marcapáxinas para levar de agasallo.
Nunha cortiza do lado da dereita das mesas puxemos fotocopias de reportaxes xornalísticas sobre os galardoados neste mes de Outubro cos premios Nobel, Nacional de Narrativa e Planeta de Narrativa.
A exposición tivo bastante éxito e despertou a curiosidade de moitos, tanto pola montaxe como pola selección de libros e filmes exhibidos.

Manuel Curros Enríquez: Nación, liberdade e progreso

Desde o día 21 de Outubro de 2008 está presente no corredor do piso baixo do Instituto a exposición de cartaces que leva o título Manuel Curros Enríquez:Nación, liberdade e progreso,  exposición adaptada da que  se inaugurou na Coruña no Cantón Grande o día 25 de Abril de 2008 con motivo da conmemoración dos 100 anos da morte de Curros, que contaba con algúns paineis máis e con música. A obra ten carácter divulgativo sobre a vida e o  contexto da época do poeta, con imaxes da súa casa, da infancia,  a emigración, a guerra de Cuba, o acto do enterramento na Coruña… Desde a biblioteca estase considerando a oportunidade de facer algún tipo de actividade para que a exposición sexa máis aproveitábel.

II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia

Os días 17 e 18 de Outubro celebráronse en Santiago de Compostela os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galica. É de salientar, antes de nada a magnífca organización por parte da Asesoría de Bibliotecas Escolares, así como o traballo dos representantes dos CFR.
   Á parte da organización, convén tamén pór en destaque que este tipo de encontros supoñen unha inxección da mellor moral totalmente necesaria para os que estamos volcados e mesmo saturados no labor de renovación das bibliotecas escolares. E, por outro, un dos aspectos máis interesantes deste tipo de encontros: comprobar e tomar recortes do bo traballo que están a realizar os nosos compañeiros, experiencias que sempre son positivas e repercutirán nun labor cada vez máis innovador, coordinado e claro por parte das bibliotecas que estamos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
   Por outro lado, indicar tamén que as comunicación dos conferencistas que viñeron doutras zonas do Estado para enriquecer as nosas experiencias foi crecendo segundo se ían desenvolvendo os Encontros, para rematar cunha comunicación e conclusións que foron a delicia de todos os presentes, constituíndo un marabilloso broche final.

Posta en marcha do Club de Lectura

A principios de Outubro pasouse información do Club de Lectura Entre liñas a toda a comunidade educativa do noso centro. No caso do alumnado consistiu en ir ás aulas, unha por unha, explicando en que consiste o Club, deixando unha folla con información nos taboleiros e abríndose un período de inscrición. Neste curso volvéronse a romper as previsións e o índice de participación do alumnado no Club aumentou (non nos Ciclos Formativos, onde non se inscribiu ninguén), mesmo onde non se esperaba: no segmento de 3.º e 4.º de ESO. A participación do profesorado continúa sendo baixa, pero a mesma do ano pasado, e a de país e nais, nula, igual que a do persoal administrativo e de servizos, supomos que polo horario escollido: un recreo á semana. O número de inscritos foi o seguinte: 23 alumnos en 1.º e 2.º de ESO, 30 alumnos en 3.º e 4.º de ESO, e 25 alumnos e 4 profesoras (sen contar as coordinadoras) no grupo de Bacharelatos e adultos.
Convocouse no mesmo mes a todos os participantes á primeira reunión coa finalidade de entregaren as súas listas de libros propostos para ler no Club. Pouco despois, o coordinador do Club elaborou e entregou a cada un a lista de todos os libros propostos, separando dous grupos (lecturas en galego e lecturas en castelán), con información de cada libro para que houbese mellor criterio para votalos. Procedeuse a outra reunión para que cada participante defendese os libros que considerase más adecuados para ler no Club.
Posteriormente procedeuse ás votacións. Os libros máis votados e escollidos foron:
-1.º e 2.º ESO: Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas, O Principiño (en galego); El señor de los ladrones, La llave mágica, Marina (en castelán).
– 3.º e 4.º de ESO: Made in Galiza, O vixía no centeo, O perfume (en galego); Crepúsculo, Asesinato en el Orient Express, Diario de Ana Frank (en castelán).
– Bacharelatos e adultos: Un casoiro ben mal amañado, Orgullo e prexuízo, Rebeldes (en galego); Las vírgenes suicidas, La importancia de llamarse Ernesto, Sueños de robot (en castelán). Escolleuse en primeiro lugar Un casoiro ben mal amañado porque se valorou o feito de que o autor, Bali Rai, virá ao noso centro de Inglaterra para termos un econtro con el e falar do libro o día 24 de Novembro.
Para economizar na adquisición de exemplares e dado que a inscrición do alumnado foi moi alta, decidimos subdividir os niveis anteriores en dous, por iso indicamos a seguir dous libros por mes en cada nivel (que máis adiante se intercambiarán), salvo para a lectura do mes de Novembro no grupo de maiores, pola visita do autor indicada. Os libros para ler en Novembro son:
    1. 1.º e 2.º de ESO: As bruxas e O Principiño.
    2. 3.º e 4.º de ESO: Made in Galiza e O vixía no centeo.
    3. Bacharelato e adultos: Un casoiro ben mal amañado.
Outra das novidades deste curso é que o coordinador proporciona dípticos (As bruxas, O Principiño, Made in Galiza, O vixía no centeo, Un casoiro ben mal amañado) con información na primeira páxina sobre os autores, contexto histórico e obras que se van ler, xunto con tres páxinas máis para anotacións, citas, reflexións ou dúbidas.

Información das obras


 

 

O Principiño

O Principiño

de Antoine de Saint-Exupéry (Valga, 9). Hai película (El principito).
Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avaría do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ao seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe venenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.

Un casoiro ben mal amañado

Un casoiro ben mal amañado

de Bali Rai

Cóntanos Bali Rai sobre esta obra:
«Unha conversa casual cunha das miñas mellores amigas, Penny, conduciu a un cambio de dirección do proxecto da novela. Ela suxeriu que a escribise para adolescentes e desde o seu punto de vista. Uns meses máis tarde saíu o libro publicado. Nunca pensei que sería publicado, nin me importou gañar premios ou crear tanto interese. O meu obxectivo era escribir algo diferente, dirixilo a lectores que non estivesen interesados na temática dos libros máis lidos. Quería escribir algo fresco e accesible que interesase a diferentes culturas e idades. A novela é en parte autobiográfica e en parte baseada en experiencias reais de amigos e familiares. Tamén buscaba sacar un montón de cousas do meu peito, cuestión como tentar averiguar se eu era asiático ou inglés, ou ambos, e tentar equilibrar as obrigas familiares coas presións externas como os amigos e a cultura xuvenil. Iso, e tamén reflexar a singularidade de Leicester como a maior cidade multicultural de Europa. O multiculturalismo é algo do que son un apaixonado defensor. Encántame a maneira de vivir que os ingleses non-brancos redefiniron, o que significa ser deste país e incluír as súas peculiaridades culturais en todo, desde a moda á comida, á música ou ao cine. Debemos estar orgullosos, ao mesmo tempo que abertos e ser honestos sobre as cuestión a que nos enfrontamos como comunidade. Eu quería reflexar o que sentía ao ser inglés dentro dos meus propios zapatos. E creo que até certo punto o logrei».

Vicisitudes

           Despois dunhas moi aproveitadas indicacións sobre o funcionamento do novo programa de rexistro e catalogación da biblioteca, o Meiga, por parte da nosa compañeira a profesora Luz Ares, a única do centro que o coñecía e nos puido axudar, descubrimos con pesar que o volcado de datos dos máis de 7.000 libros que rexistraramos co vello programa Abies ao novo programa Meiga fallaba nalgúns aspectos. Algúns tan fundamentais como que era imposíbel facer unha busca por autor se antes non se engadía unha liña co seu nome en cada un dos máis de 7.000 rexistros. Ou que o novo número de rexistro que aparece no novo programa Meiga non coincide co que teñen os máis de 7.000 exemplares fichados co antigo Abies. E o número de rexistro é o que identifica cada libro para diferencialo dos outros cando se empresta.

           De maneira que, de entrada, tomouse a determinación de non facer de momento o préstamo co Meiga e seguir facéndoo manualmente. Ao mesmo tempo, organizáronse grupos de traballo co equipo da biblioteca para realizar as catro tarefas seguintes:

·         Incluír en todos os rexistros una liña co nome do autor.

·         Cambiarlle a todos os libros rexistrados o número vello do Abies polo novo do Meiga.

·         Rexistrar e etiquetar co Meiga as novas adquisicións.     

·         Dar de alta aos novos lectores.                 

                                                                                   

Xa temos Meiga!

PMeiga

Despois do incomprensíbel retraso de dous cursos (solicitámolo en Novembro de 2006), acaba de chegarnos o novo programa Meiga para continuar informatizando os fondos da Biblioteca. Entre outras vantaxes conta coa posibilidade de seren consultados desde Inrternet, xunto cos fondos das redes de bibliotecas de Galiza adscritos ao programa.

Libros-pegada. O libro que máis me impactou

Libros-pegada

Nas últimas semanas do curso levamos a cabo a actividade “Libros-pegada-O libro que máis me impactou”. A profesora de Plástica, Guadalupe Sanjurjo (moitas grazas como sempre pola túa colaboración, compañeira), fixo o deseño dos pés: un esquerdo e outro dereito orientado cada par cara á dereita e cara á esquerda. Despois fotocopiáronse en papeis de cores, unha  cor diferente para cada grupo. Os alumnos de todos os niveis tiñan que indicar en cada pé o título do libro que máis lles impactou, o motivo, o seu nome e o curso, recortándoos a seguir. Con todos os pés recortados fóronse colocando polas paredes saíndo das aulas e sinalando o camiño da biblioteca.

Queremos agradecer ao escritor Gonzalo Moure por ternos transmitido esta actividade tan atractiva e rendíbel, nos Encontros de Biblotecas Escolares do Plan de Mellora deste ano. A iniciativa, segundo el mesmo nos contou, é orixinal do Instituto de Cangas de Onís de Asturias e deunos moito xogo: serve para sinalizar a biblioteca, coñecer os gustos lectores dos nosos alumnos, que eles mesmos os coñezan e os comenten… E por último, serviunos tamén para facer unha selección para o boletín deste último trimestre coas lecturas recomendadas pola biblioteca para este verán.

Logos para a CDU da biblioteca

O Equipo da Biblioteca quere facer público o seu agradecemento á profesora de Plástica Guadalupe Sanjurjo e aos alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que a seguir se citan pola súa colaboración no seu traballo de deseño dos logos para os carteis da CDU da biblioteca:

4º B: Fernán García, Irene Lata, Gerard Louro, Martiño Martínez, Cristina Pardellas, Luis Pire, Fabio Suárez, Antón Varela.

1º A: Jacobo Quintana, Adhara Río, Laura Roade, Alba Vázquez.

1º B: Yesenia Magallanes, Luna Sánchez.

1º C: Simón Fernández, Carolina Merino, Sergio Pazos, Velga Usova, Estefanía Vilar.

Pulsa na imaxe para velos

Logos CDU

Premio Liga de Debate: Viaxe a Madrid

 

Premio Liga de Debate: Viaxe a Madrid

Do 30 de Maio ao 1 de Xuño os alumnos gañadores da Liga de Debate e do programa da Televisión Galega recibiron varios premios, entre eles unha viaxe a Madrid xunto con algún dos seus compañeiros. Visitamos o Madrid dos Austrias e dos Borbóns, O Museo del Prado, o Palacio Real, os barrios castizos, o Parque Warner e a maioría asistiu ao musical do Diario de Ana Frank. Desfrutamos todos como ananos e aquí deixamos una selección de fotos que o demostran. Preme na imaxe para velas.

Doazón de libros da Cámara de Comercio

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de A Coruña ven de realizar unha doazón de libros de temática económica á biblioteca do noso Instituto.

Entre eles se encontra un exemplar da primeira edición dun clásico da economía galega: “O atraso económico de Galicia”, de Xosé Manuel Beiras, editado por Editorial Galaxia en 1972, e obras clásicas da Teoría Económica como a primeira edición en castelán de “Teoría Macroeconómica”, de R. Allen, publicada por Editorial Aguilar en 1971.

Gañadores do Concurso Liga de Debate

Dos días 12 a 20 de Abril celebrouse o concurso de Liga de Debate a nivel galego organizado pola Consellaría de Xuventude en que tomaron parte 24 grupos de alumnos de 1º e 2º de bacharelato de toda Galiza. Os temas e posturas a debater eran se a seguridade pública debe prevalecer sobre as liberdades individuais. Por parte do noso centro presentáronse dous grupos, sendo o gañador do concurso o constituído polos alumnos José Luis Neira, Alba Villar, Luna Sánchez e Javier Botana, actuando como capitá a profesora Neves Amado. Cada un dos gañadores foi premiado con un ordenador portátil e unha viaxe a Madrid (venres, sábado e domingo) con visita, entre outras, ao parque Warner, acompañados de 40 compañeiros do noso centro. Tamén participou polo noso Instituto o equipo formado por Víctor Neira, Jorge Bravo, Julia Cadórniga e Ruth Rey, sendo a súa capitá a profesora Almudena García. Hai que destacar que, aínda que este grupo non foi o gañador, colaborou man con man para que ao final un do noso centro o fose. De maneira que parabéns a todos polo seu magnífico labor e tamén o noso agradecemento a María Baldomir do Ciclo Formativo de Márketing que levou o peso do soporte informático.

A metamorfose

“A metamorfose” de Franz Kafka

A metamorfose

A metamorfose, coma tódalas marracións cruciais de Kafka, prodúcese entre a verdade e o significado; en “algures”, entre a verdade do pasado e o significado do futuro. ¿Que habiamos saber os máis sobre esta ruptura sen Kafka?

(Harold Bloom).

Sinalización da biblioteca

Colocáronse carteis por todo o instituto que sinalan o camiño á biblioteca. Esperamos ter moit@s visitantes.

Sinalización da biblioteca

Visita de Fernando Marías

Visita de Fernando Marías

O escritor Fernando Marías falounos da súa obra e respondeu á entrevista que lle fixeron o alumno Antón Varela, de 4º da ESO, e o profesor D. José Toba.

Se queres ler a entrvista pulsa aquí

Fernando Marías naceu en Bilbao o 13 de Xuño de 1958. En 1975 trasladouse a Madrid, cidade en que vive desde entón.Comezou a escribir a súa primeira novela, La luz prodigiosa, en 1990 e é autor doutras como:  Esta noche moriré, Los fabulosos hombres película, El Niño de los coroneles, El vengador del Rif, La batalla de Matxitxako, La mujer de las alas grises, Invasor, Cielo abajo e El mundo se acaba todos los días. Como guionista de cine escribiu El segundo nombre (xunto ao seu director Paco Plaza) e a adaptación da súa novela La luz prodigiosa, que gañou numerosos premios internacionais.

Gañou, entre outros, o premio Nadal (El niño de los coroneles, 2001), o premio Ateneo de Sevilla (El mundo se acaba todos los días, 2005) e o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (Cielo abajo, 2006).

FOTOS

23 de abril: Día Internacional do Libro

 Máis libros, máis libres

Celébrase, no noso instituto, o Día Internacional do Libro con diversas actividades:

Exposición de libros da biblioteca no vestíbulo.

Lectura de diversas obras literarias en varios idiomas, realizada polo alumnado, no salón de actos.

Día Libro 2008

Trece badaladas

Trece badaladas

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñocer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao producator, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.

Trece badaladas é un relato que arrinca dun antigo acto de rebelión, moi afastado no tempo. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirinto hermético sobre un mar de pedra. Unha inmensa novela abovedada de misterio, construida como unha rexa catedral románica.

Concurso de poesía

  

O día 24 de Febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro e dos escritores. O día 21 de Marzo celebrouse o Día da Poesía. Aproveitando estas datas o Equipo da Biblioteca convocou un Concurso de Poesía.

Bases do concurso

Resultaron premiad@s
Categoría ESO:
  1º premio (40 € en libros, CDs de música e/ou películas):
Antón Varela Rodríguez de 4º B
2º premio (30€ en libros, CDs de música e/ou películas):
Julia Lago Fernández-Couto de 2º A
Categoría Bacharelato e Ciclos Formativos:

 

1º premio (40 € en libros, CDs de música e/ou películas):
Carmela García González de 1º B
2º premio (30 € en libros, CDs de música e/ou películas):
Víctor Neira Pita de 2º B

 

             

Visita de Antonio Reigosa

O 26 de marzo Antonio Reigosa falou da súa obra ó alumnado de 1º da ESO

Antonio Reigosa Careiras, nado en Zoñán (1958), traballa como guía no Museo Provincial de Lugo.
Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral.
É autor de Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Arrepíos e outros medos (Xerais 2004), e Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002).
Como autor de literatura infantil e xuvenil publicou: Memorias dun raposo (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; Resalgario (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; e “Aire de sumidoiro”, conto incluído en Contos para levar no peto (Xerais 2001) e Bacoriño (2004).

 

Visita de Antonio Reigosa

Presentación de “Harry Potter e as reliquias da morte”

“Harry Potter e as reliquias da morte”, última entrega da serie de novelas de J. K. Rowling, saíu en lingua galega o 21 de febreiro de 2008, publicado pola Editorial Galaxia, ao mesmo tempo que en castelán e catalán. Para celebrar este lanzamento a Editorial Galaxia organizou unha serie de actividades na FNAC da Coruña coa fin de ofrecer a posibilidade de compartir a espera do lanzamento dun xeito entretido. Unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter tivo lugar un concurso de disfraces de personaxes desta saga, fallándose o premio nese acto. A parte principal do acto consistiu nunha charla-presentación a cargo dun grupo de lectores e coñecedores cualificados das aventuras de Harry Potter, entre eles a nosa alumna de 2º B de ESO, Andrea González Blanco, cuns comentarios moi atinados e maduros para una alumna da súa idade. 

Pulsa na imaxe se queres ver fotos do acto

Presentación de “Harry Potter e as reliquias da morte”