Biblioteca de Zalaeta

IES Ramón Menéndez Pidal . A Coruña

Arquivo para maio, 2008

Doazón de libros da Cámara de Comercio


luns, maio 26th, 2008
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de A Coruña ven de realizar unha doazón de libros de temática económica á biblioteca do noso Instituto.

Entre eles se encontra un exemplar da primeira edición dun clásico da economía galega: “O atraso económico de Galicia”, de Xosé Manuel Beiras, editado por Editorial Galaxia en 1972, e obras clásicas da Teoría Económica como a primeira edición en castelán de “Teoría Macroeconómica”, de R. Allen, publicada por Editorial Aguilar en 1971.

Gañadores do Concurso Liga de Debate


xoves, maio 15th, 2008

Dos días 12 a 20 de Abril celebrouse o concurso de Liga de Debate a nivel galego organizado pola Consellaría de Xuventude en que tomaron parte 24 grupos de alumnos de 1º e 2º de bacharelato de toda Galiza. Os temas e posturas a debater eran se a seguridade pública debe prevalecer sobre as liberdades individuais. Por parte do noso centro presentáronse dous grupos, sendo o gañador do concurso o constituído polos alumnos José Luis Neira, Alba Villar, Luna Sánchez e Javier Botana, actuando como capitá a profesora Neves Amado. Cada un dos gañadores foi premiado con un ordenador portátil e unha viaxe a Madrid (venres, sábado e domingo) con visita, entre outras, ao parque Warner, acompañados de 40 compañeiros do noso centro. Tamén participou polo noso Instituto o equipo formado por Víctor Neira, Jorge Bravo, Julia Cadórniga e Ruth Rey, sendo a súa capitá a profesora Almudena García. Hai que destacar que, aínda que este grupo non foi o gañador, colaborou man con man para que ao final un do noso centro o fose. De maneira que parabéns a todos polo seu magnífico labor e tamén o noso agradecemento a María Baldomir do Ciclo Formativo de Márketing que levou o peso do soporte informático.

Lectura de maio: 3º e 4º da ESO


martes, maio 13th, 2008

“O neno do pixama a raias” de John Boyne

 

 O neno do pixama a raias

O relato está centrado na vida dun neno de 9 anos no ano 1943, que é fillo dun comandante do exército nazi ao que lle encargan a tarefa de dirixir o campo de concentración de Auschwitz.

 

 

Lectura de maio: 1º e 2º de bacharelato


martes, maio 13th, 2008

“A metamorfose” de Franz Kafka

 

 A metamorfose

A metamorfose, coma tódalas marracións cruciais de Kafka, prodúcese entre a verdade e o significado; en “algures”, entre a verdade do pasado e o significado do futuro. ¿Que habiamos saber os máis sobre esta ruptura sen Kafka?

(Harold Bloom).