Biblioteca de Zalaeta

IES Ramón Menéndez Pidal . A Coruña

Arquivo para xuño, 2008

Xa temos Meiga!


martes, xuño 17th, 2008

PMeiga

Despois do incomprensíbel retraso de dous cursos (solicitámolo en Novembro de 2006), acaba de chegarnos o novo programa Meiga para continuar informatizando os fondos da Biblioteca. Entre outras vantaxes conta coa posibilidade de seren consultados desde Inrternet, xunto cos fondos das redes de bibliotecas de Galiza adscritos ao programa.

Libros-pegada. O libro que máis me impactou


venres, xuño 13th, 2008

Libros-pegada

Nas últimas semanas do curso levamos a cabo a actividade “Libros-pegada-O libro que máis me impactou”. A profesora de Plástica, Guadalupe Sanjurjo (moitas grazas como sempre pola túa colaboración, compañeira), fixo o deseño dos pés: un esquerdo e outro dereito orientado cada par cara á dereita e cara á esquerda. Despois fotocopiáronse en papeis de cores, unha  cor diferente para cada grupo. Os alumnos de todos os niveis tiñan que indicar en cada pé o título do libro que máis lles impactou, o motivo, o seu nome e o curso, recortándoos a seguir. Con todos os pés recortados fóronse colocando polas paredes saíndo das aulas e sinalando o camiño da biblioteca.

Queremos agradecer ao escritor Gonzalo Moure por ternos transmitido esta actividade tan atractiva e rendíbel, nos Encontros de Biblotecas Escolares do Plan de Mellora deste ano. A iniciativa, segundo el mesmo nos contou, é orixinal do Instituto de Cangas de Onís de Asturias e deunos moito xogo: serve para sinalizar a biblioteca, coñecer os gustos lectores dos nosos alumnos, que eles mesmos os coñezan e os comenten… E por último, serviunos tamén para facer unha selección para o boletín deste último trimestre coas lecturas recomendadas pola biblioteca para este verán.

Logos para a CDU da biblioteca


martes, xuño 3rd, 2008

O Equipo da Biblioteca quere facer público o seu agradecemento á profesora de Plástica Guadalupe Sanjurjo e aos alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que a seguir se citan pola súa colaboración no seu traballo de deseño dos logos para os carteis da CDU da biblioteca:

4º B: Fernán García, Irene Lata, Gerard Louro, Martiño Martínez, Cristina Pardellas, Luis Pire, Fabio Suárez, Antón Varela.

1º A: Jacobo Quintana, Adhara Río, Laura Roade, Alba Vázquez.

1º B: Yesenia Magallanes, Luna Sánchez.

1º C: Simón Fernández, Carolina Merino, Sergio Pazos, Velga Usova, Estefanía Vilar.

Pulsa na imaxe para velos

Logos CDU

Premio Liga de Debate: Viaxe a Madrid


luns, xuño 2nd, 2008

 

Premio Liga de Debate: Viaxe a Madrid

Do 30 de Maio ao 1 de Xuño os alumnos gañadores da Liga de Debate e do programa da Televisión Galega recibiron varios premios, entre eles unha viaxe a Madrid xunto con algún dos seus compañeiros. Visitamos o Madrid dos Austrias e dos Borbóns, O Museo del Prado, o Palacio Real, os barrios castizos, o Parque Warner e a maioría asistiu ao musical do Diario de Ana Frank. Desfrutamos todos como ananos e aquí deixamos una selección de fotos que o demostran. Preme na imaxe para velas.