A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Club de Lectura “Entre liñas”

logo biblio Club de Lectura Entre liñas

Que é o club de lectura Entre liñas?
T
rátase de grupos de persoas do Instituto, coordinados pola Biblioteca, que se reúnen para falar dalgún libro que están a ler todas elas simultáneamente.
Ten como obxectivos principais fomentar o hábito da lectura, formar lectores competentes e críticos co que len, intercambiar experiencias lectoras e utilizar os recursos da biblioteca do Centro e a rede de bibliotecas da zona.
Quen participa no club de lectura Entre liñas?
A
lumnado, profesorado, nais, pais e persoal administrativo e de servizos do Centro.
A participación por parte dos membros da comunidade educativa no Club é voluntaria. O profesorado do alumnado que participe no Club Entre liñas, especialmente os das materias de Lingua e Literatura, estarán informados das actividades desenvolvidas e do nivel de implicación de cada alumno nelas, por se o consideraren relevante á hora de cualificalos.
Con que criterios se forman os grupos?
Para seren operativos, non deben ser superiores a 15 persoas en total e ten que haber 2 membros do profesorado que se responsabilicen da marcha do grupo.
Haberá 3 grupos:
• 1.º e 2.º de ESO, coordinados polas profesoras Concepción Montes García (Departamento de Lingua Galega e Literatura), Isbel Gende Pérea (Departamento de Inglés).
• 3.º e 4.º de ESO, coordinados polas profesoras Ana Hermida Blanco (Departamento de Lingua Castelá e Literatura) e Manuel Roca Cendán (Departamento de Economía).
• Bacharelatos, Ciclos e adultos da comunidade educativa, coordinados polas profesoras Almudena García Castrillo (Departamento de Filosofía) e Humbelina Regueiro Pardiñas (Departamento de Lingua Inglesa e Literatura)
De que tipo son as actividades?
N
as actividades fomentarase a participación e o interese dos membros da comunidade educativa que interveñan no Club, por riba do seu carácter formal, de maneira que se conciben máis como tertulias ou reunións informais en que un grupo de xente se reúne para intercambiar impresións sobre os libros lidos, que como actividades académicas.
En que consisten as actividades?
A
actividade de base consiste, en principio, na lectura de un libro por mes, pero irá acompañada doutras en que alguén de fóra do club (pai, nai, profesorado, persoal administrativo, antigos alumnos, autores, especialistas na materia ou noutros ámbitos profesionais) participará nas reunións.
Outro tipo de actividades consistirá en relacionar a literatura co cine, léndose obras que foron levadas á gran pantalla e vendo as películas.
Que se fai nas reunións?
H
aberá unha primeira reunión en que se decidirá o libro que se lerá o primeiro mes e a lista de libros que se vai ler ao longo do curso, que se poderán cambiar sobre a marcha. Nesa primeira reunión verase tamén que partes ou páxinas se irán lendo por semanas, para despois cambiar impresións nas reunións semanais. Na última semana farase unha valoración global do libro e visualizarase a película correspondente, se é o caso.
Quen escolle os libros que se van ler?
A
lista de lecturas establecerase de mutuo acordo entre os participantes do grupo. Aínda que a maioría dos libros a ler sexan de ficción (literatura), as lecturas poden ser tamén científicas de carácter divulgativo.
Cando se realizan as actividades?
N
a primeira reunión do Club os participantes determinarán de común acordo o día e hora máis adecuados para as reunións. En todo caso, haberá como mínimo, unha reunión por semana.
Onde se realizarán as reunións?
N
a biblioteca do Instituto. En caso de realizarse no horario en que a biblioteca permanece aberta, pecharase para que sexa utilizada só polos membros do Club. Dependendo de se o tipo de actividade o require, poderán ser utilizados outros espazos do Centro, como poden ser o salón de actos, o laboratorio de idiomas ou outras aulas.
Como apuntarse?
N
a entrada da biblioteca hai unas follas na mesa para apuntarse ou para que outra persoa te apunte.