A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia

Os días 17 e 18 de Outubro celebráronse en Santiago de Compostela os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galica. É de salientar, antes de nada a magnífca organización por parte da Asesoría de Bibliotecas Escolares, así como o traballo dos representantes dos CFR.
   Á parte da organización, convén tamén pór en destaque que este tipo de encontros supoñen unha inxección da mellor moral totalmente necesaria para os que estamos volcados e mesmo saturados no labor de renovación das bibliotecas escolares. E, por outro, un dos aspectos máis interesantes deste tipo de encontros: comprobar e tomar recortes do bo traballo que están a realizar os nosos compañeiros, experiencias que sempre son positivas e repercutirán nun labor cada vez máis innovador, coordinado e claro por parte das bibliotecas que estamos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
   Por outro lado, indicar tamén que as comunicación dos conferencistas que viñeron doutras zonas do Estado para enriquecer as nosas experiencias foi crecendo segundo se ían desenvolvendo os Encontros, para rematar cunha comunicación e conclusións que foron a delicia de todos os presentes, constituíndo un marabilloso broche final.

Comments are closed.