A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

“24 de Outubro Día da Biblioteca”

O día 24 de Outubro celebrouse o Día da Biblioteca e con tal motivo, no Instituto realizamos o equipo da nosa biblioteca organizou unha xornada de portas abertas.
Colocamos uns cartaces nas columnas da entrada cun texto do escritor Agustín Fernández Paz, outros co texto “Se tes una pregunta, xa tes resposta” que fai alusión ás bibliotecas como recurso principal de documentación e os que indicaban “24 de Outubro Día da Biblioteca”.
Tapando a vitrina expositora da entrada colocamos un mural alusivo á celebración relizado polo alumno de 1º de Bacharelato Manuel Soto López. Debaixo, dúas mesas mostraban unha selección de fondos da biblioteca feita por todos os departamentos do Instituto coa finalidade de mostrar un amplo abano de libros e filmes atractivos para o alumnado
No lado esquerdo das mesas penduramos unha caixa de cartón aberta e boca abaixo con libros tamén pendurados dela con dous textos que puñan: “Biblio = Libro, Teca = Caixa. Biblioteca: A caixa dos libros” e “A nosa biblioteca: unha caixa aberta para todos”.
Enfronte da caixa, unha pequena mesa exhibía varios exemplares de tres títulos (Saxo tenor, Adiós María e Filosofía da saudade, tres excedentes da biblioteca en grande cantidad) e marcapáxinas para levar de agasallo.
Nunha cortiza do lado da dereita das mesas puxemos fotocopias de reportaxes xornalísticas sobre os galardoados neste mes de Outubro cos premios Nobel, Nacional de Narrativa e Planeta de Narrativa.
A exposición tivo bastante éxito e despertou a curiosidade de moitos, tanto pola montaxe como pola selección de libros e filmes exhibidos.

Comments are closed.