A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Samaín

Samaín 2008
Comezaron os preparativos do Samaín 20 días antes da data, coa petición de colabroración aos profesores dos departamentos de Lingua Castelá e Literatura e de Lingua Galega e  Literatura para que escollesen textos sobre encontros entre vivos e mortos para que os lesen os alumnos de 1º de ESO. Aínda que a lectura estaba prevista para o día 31, o máis indicado porque é o da noite de Samaín, tivo que posporse para a primeira hora do martes día 4 de Novembro, xusto despois da volta desta pequena ponte escollida polo Instituto.
Na semana da celebración, pasouse polas aulas de 1º de ESO informando sobre o significado do Samaín, así como de lecturas e películas relacionadas co tema. Pasóuselles unha folla con información para os alumnos e para os taboleiros. Ao mesmo tempo, tamén se lles informou e se deixou na aula a convocatoria dos concursos de cabazas e de relatos breves sobre o Samaín. Do concurso de cabazas resultaron gañadoras Julia Charlín e Sara Rey, ambas de 1º C. As súas cabazas formaron parte do decorado do salón de actos o día das lecturas dos textos.
As lecturas dos textos realizáronse no salón de actos do centro, previamente ambientado para o efecto: só coas luces dunhas cantas velas e da pantalla que mudaba de cor e figuras xeradas polo reprodutor Windows Media, teas de araña por todos os lados, as cabazas dos alumnos gañadores do concurso, dous esqueletos do departamento de Ciencias Naturais, gorros de bruxas, guirlandas de morcegos e caveiras, música de películas de medo… Á entrada, o alumnado era recibido co videoclip Thriller de Michael Jackson.
 

 

Comments are closed.