A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Expurgo na biblioteca

Expurgo na biblioteca

Por causa da acumulación de libros en certos estantes da biblioteca e da existencia de moitos exemplares obsoletos ou inadecuados para una biblioteca escolar, que ademais impiden a ubicación de novos materiais mási actualizados e interesantes para o alumnado, a primeiros de Novembro tomouse a decisión de realizar un expurgo atendendo aos seguintes criterios:
1. Os Xefes dos departamentos do Instituto serán os encargados de coordinar o expurgo das seccións da CDU que lles corresponda pola súa especialidade.
2. O criterio de selección debe ser fundamentalmente o de que o material que quede na biblioteca sexa para ser empregado fundamentalmente polo alumnado, fondos que lles interese ou que lles poida servir para realizar calquera pesquisa, investigación ou tarefa propia do seu nivel.
3. Expurgaranse os exemplares obsoletos ou dos que haxa varios exemplares cuxa cantidade non teña unha utilidade práctica.
4. Os fondos que non queden na biblioteca irán pasando polos seguintes destinos, na orde que se indica:
1. Os departamentos, cando sexan de interese para a consulta por parte do profesorado.
2. Un estante que se colocará na entrada do Instituto para que, aqueles exemplares que non queden na biblioteca ou nos departamentos, os leve quen queira.
3. As bibliotecas públicas que os acepten, os que queden dos dous puntos anteriores.
4. Un punto de reciclaxe, todos os que queden dos tres puntos anteriores.
5. Os libros que non estean aínda informatizados (sen etiqueta no lombo) irán directamente pasando polos destinos anteriormente indicados. Os que estean informatizados (con etiqueta no lombo), no programa Meiga será indicada a súa nova ubicación, se van aos departamentos, ou serán dados de baixa nos outros casos (estante para agasallo, bibliotecas públicas ou punto de reciclaxe).

Comments are closed.