A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

As bruxas

As bruxas

de Roald Dahl. Hai película (La maldición de las brujas).
As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e a súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel. Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar. E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos.As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que non dan tregua ao lector até o seu remate.

2 comments to As bruxas

  • Luis Costa Suárez 2º ESO B

    A min me gustou moito este libro porque é moi entretido e divertido.A pelicula é diferente e para min peor, eu imaxinarao todo doutra maneira

  • Nicolás Fernando Pensado De Luca 2º ESO B

    A min o libro gustoume moito porque é moi divertido e gracioso.A pelicula non me gustou