A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Made in Galiza

Made in Galiza

de Séchu Sende.
Con espírito rebelde e unha imaxinación literaria desbordante, Séchu Sende entra no tema da lingua no seu libro Made in Galiza. A lingua como o produto máis rico e mellor elaborado da Galiza, a lingua como creación, non como corsé, a lingua como espazo de comunicación no que todos interveñen e todas teñen algo que dicir. Este libro de relatos, escrito desde a máis absoluta falta de prexuízos, revira as situacións, dálle a volta aos problemas e encara a situación da lingua galega coa liberdade que lle outorga o humor e un pulo narrativo extraordinariamente orixinal.
Neste libro de relatos interioriza e fai súa a situación do galego como lingua en permanente conflito. Historias orixinais, que non se deteñen ante os tópicos lingüísticos e literarios, que lles dan a volta, que os reviran, para facer das supostas debilidades as grandezas e a forza dun proxecto literario que quere intervir na realidade, que se compromete e esixe que o lector se comprometa pero que o fai coas armas do humor, a imaxinación e a literatura viva, directa, concibida como liberdade das lectoras, dos lectores, e do escritor.
A narración como espazo lúdico, o xogo como transgresión e método para implicarse na realidade. Séchu Sende refuga a literatura como escape, todo o contrario, volve a ela desde a liberdade para propoñer cambiar a realidade. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.
De obra “curiosa” con relatos de xeito humorístico que presentan a situación do conflito lingüístico na comunidade autónoma. Séchu Sende defende a súa obra destacando dela que “é un libro curioso porque trato un tema social pero ao mesmo tempo introduzo elementos máxicos. Escribino para satisfacerme a min mesmo e para que fose un libro compartido”.  En Made in Galiza, Sende emprega a retranca para presentar os problemas do galego como lingua e convidar aos castelán-falantes a que “consideren o achegarse á lingua desde outra perspectiva para enriquecerse cultural e persoalmente”.  “Galiza é unha fábrica de palabras e non podemos rexeitar o noso produto, o galego, porque é a nosa etiqueta máis orixinal e máis valiosa que nos fai únicos como pobo”.

9 comments to Made in Galiza

  • Anyerus 4º B ESO

    El libro esta bien para hacer algo una tarde en casa… despues, las historias, son interesantes, y te puedes reir con ellas (o de ellas)
    Refleja la situacion del gallego de un modo totalmente dramatizado, y sinceramente, me parece casi ridiculo.
    Una niña de 2 años que no sabe como empezar a hablar?
    Una güija para hablar con Castelao y meterles miedo a los niños?
    por favor…

  • Rosario 3ºB ESO

    O libro é unha descricion do que esta a pasar co Galego na actualidade , de unha forma Sechu Sende pretende explicar o que esta a pasar co Galego á xente que está en contra do Galego.Igual dramatiza un pouco a situación actual pero é un libro reivindicativo que é do que se trata de facer entender a xente o que esta actualidade esta a facer co Galego.
    A min pareceme que é un libro totalmente realista.

  • Maria 4ºB

    Pareceume un bo libro. As historias que conta son moi orixinais e non me rin delas, todo o contrario. O que o escritor pretende é que vexamos a situacion do galego na actualidade, aínda que moita xente non se decatara. Claro que unha nena de dous anos non vai pensar en como empezar a falar, pero si que é certo que moitos pais educan aos seus fillos en castelán cando entre eles falan galego.
    É un libro que merece a pena ler, sen dúbida.

  • Tamara Vázquez Castro 4ºB

    Gustoume moitisimo o libro porque reflexa o que está pasando na sociedade actual.E respecto ao comentario de “Anyerus” q todos sabemos quen é:a min o que me parece ridiculo é que aínda quede xente coma ti que prefire outra lingua extranxeira que a túa propia.É unha lástima a verdade

  • Anyerus 4º B ESO

    me pongo el sobrenombre que me da la gana.
    Y la lengua estrangera es la de mi pais, el gallego lo usare si me da la gana
    =)

  • Xoán C. Rábade

    Rapaces, isto non é un chat. Podedes comentar o que queirades defendendo a postura que vos pareza máis adecuada, pero sempre procurando que os comentarios se refiran ao libro que se leu e sen desviar a atención cara a cuestións e enfrontamentos persoais, por pouco ou nada que nos gusten as opinións dos demais. A primeira opinión de Anyerus é totalmente adecuada, estea un de acordo con ela ou non. A alusión persoal de Tamara e o último comentario de Anyerus están fóra de lugar.

  • Yaiza Queiruga Pastrana 4ºB

    Deixando a un lado o subxectivismo e as críticas entre os lectores, o libro en si márcanos a loita dun país consigo mesmo pola propia identificación. Fálanos dos prexuízos que, pasaran os anos ou non, seguimos a ter hoxe en día. O que se pretende con este libro é a única e simple razón da normalización lingüística. Reflicte os problemas do galego como lingua e intenta convidar aos castelanfalantes a que consideren o achegarse á lingua desde outra perspectiva para enriquecerse cultural e persoalmente.
    A min, desde o meu punto de vista é un libro único.A estutura das historias lémbranme ás historias de “Cousas´´ (Alfonso Rodríguez Castelao) pola sinxeleza que presentan, tanto en vocabulario coma na ironía.
    Desde logo, non dubidaría en volvelo ler 😉
    Un bico e felices festas!

  • z-4 (4ºB)

    digo lo mismo k anyerus no 1º

  • Ana 4ºb

    A min pareceume un bo libro, ainda que os teño lido mellores en galego.
    É divertido, en especial a historia da nena.