A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Un casoiro ben mal amañado

Un casoiro ben mal amañado

de Bali Rai

Cóntanos Bali Rai sobre esta obra:
«Unha conversa casual cunha das miñas mellores amigas, Penny, conduciu a un cambio de dirección do proxecto da novela. Ela suxeriu que a escribise para adolescentes e desde o seu punto de vista. Uns meses máis tarde saíu o libro publicado. Nunca pensei que sería publicado, nin me importou gañar premios ou crear tanto interese. O meu obxectivo era escribir algo diferente, dirixilo a lectores que non estivesen interesados na temática dos libros máis lidos. Quería escribir algo fresco e accesible que interesase a diferentes culturas e idades. A novela é en parte autobiográfica e en parte baseada en experiencias reais de amigos e familiares. Tamén buscaba sacar un montón de cousas do meu peito, cuestión como tentar averiguar se eu era asiático ou inglés, ou ambos, e tentar equilibrar as obrigas familiares coas presións externas como os amigos e a cultura xuvenil. Iso, e tamén reflexar a singularidade de Leicester como a maior cidade multicultural de Europa. O multiculturalismo é algo do que son un apaixonado defensor. Encántame a maneira de vivir que os ingleses non-brancos redefiniron, o que significa ser deste país e incluír as súas peculiaridades culturais en todo, desde a moda á comida, á música ou ao cine. Debemos estar orgullosos, ao mesmo tempo que abertos e ser honestos sobre as cuestión a que nos enfrontamos como comunidade. Eu quería reflexar o que sentía ao ser inglés dentro dos meus propios zapatos. E creo que até certo punto o logrei».

4 comments to Un casoiro ben mal amañado

  • Humbelina Regueiro

    Si xa é dificil ser adolescente nos tempos que corren,podemos imaxinar o que sinte un rapaz coma Manny,de orixe punxabí,pero británico de corazón e educación.
    Penso que esta obra pode dar pé para reflexionar sobre as diferencias culturais, sobre o racismo, sobre as relacións paterno-filiais, diferencias á hora de enfrontar os problemas xeracionais e culturais.
    Eu recomendo este libro a todos aqueles/as que pensan que os seus proxenitores son o peor que lles pode acontecer, e tamén a aqueles/as os que lles guste saber doutras realidades.

  • Alexandre Salas 1º Bac-C

    Un casoiro ben mal amañado é un libro bastante fácil de ler e recomendado para a xente que teña interese nestes temas que tanta polémica causa nós nosos sía.
    Este libro é bastante entretido pero non se cataloga entre os meus preferidos. Bali Rai utilizao para contar a través de Manny as diferencias culturais que había no seu barrio cando era cativo
    Puntuación:7/10

  • Cristina Insua 2ºBAC-A

    Só digo unha cousa: Neves, non volves elixir libro na túa vida. NEVER AGAIN Iso si, o escritor é unha persoa encantadora, iso no cho vou negar.

  • Cristina Insua 2ºBAC-A

    *non