A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

O Principiño

O Principiño

de Antoine de Saint-Exupéry (Valga, 9). Hai película (El principito).
Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avaría do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ao seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe venenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.

4 comments to O Principiño

  • Sara Rey Perez

    O libro “O Principiño” pareceume moi bo, ao igual ca película. O seu autor pareceme moi bo escribindo.
    Eu o recomendo.

    E ainda que eu desapuntarame do clube de lectura, foi porque non tiña tempo para ler os libros.

    Un agarimo.

    Sara.

  • Xoán C. Rábade

    Grazas, Sara, por teres o detalle de deixar o teu comentario, especialmente porque te deches de baixa do Clube. Sinto que non teñas tempo para ler os libros. Se ves que podes máis adiante, as portas do clube están abertas para ti.

  • Paloma Acuña Garrido 2º ESO A

    A min non me gustou moito o libro; porqe parece que é de nenos pequenos , e tamen pola forma da fala do princìpiño é moi repetitiva e di cousas de neno maior pero cunha linguaxe de neno pequeno e todo iso a min non me resulta agradable de leer.A pelicula non me gustou porque non era como eu me o imaxinaba .

  • Andrea Rivas Fiel 1ºA ESO

    Gústoume moito este libro, quizais pareza un pouco infantil para a nosa idade, pero esconde una mensaxe na que critica de forma metafórica coma son a maioría dos adultos nesta nosa sociedade e fala máis aló dun só mundo.
    O Principiño tamén podía ser un pouco menos crido, pois falaba e preguntaba só el, non respondía a outras preguntas formuladas.

    Aínda así, eu o recomendo para todas as idades, pois tamén vén ben iso de ver coma estamos agora.

    P.D.: A película non me gustou, parecéume demasiado musical e non era coma eu imaxinaba.