A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

El señor de los ladrones

El señor de los ladrones

de Cornelia Funke

É o libro máis premiado da literatura xuvenil europea. Cornelia Funke conta unha historia amena en que a autora sabe manter o interese  e o ritmo ao longo de todas as páxinas, chea de aventuras e tamén de algúns elementos fantásticos, pero xogando sempre entre o imposíbel e o verosímil, mesturando moi ben realidade e fantasía. Varias veces parece que a historia vai a acabar e, de súpeto, dá un xiro inesperado mantendo o interese. Así mesmo, está moi ben ambientada en Venecia, transmitindo a beleza desta preciosa cidade. Escrita cun ton xeral agadábel que vale para ser lido por todos os públicos, a historia é tenra, destacando polo seu alto contido humano, con pegadas de Oliver Twist e de héroes como Robin Hood. A idea de fondo é o difícil que é que cada persoa estea contenta co que ten e cómo se cre que o que non se ten (xuventude, madurez, diñeiro…) nos traerá a felicidade. Pero hai tamén outros temas: a necesidade de ser querido (Escipión), a delincuencia xuvenil como medio de supervivencia (Avispa e Própspero), o desinterese dos adultos polos nenos (abandono, maltrato, indiferenza…), a alteración do tempo para alterar a realidade, a importancia da fantasía como válvula de escape, a comprensión (o detective Víctor), a capacidade de perdoar (a pandilla a Escipión), a amizade entre os rapaces, o amor entre os irmáns, o ego´simo (Esther e o seu home), a cobiza (Barbarossa)…

Comments are closed.