A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Las vírgenes suicidas

de Jeffrey Eugenides

Moitos anos despois que as cinco irmás Lisbon se suicidasen, cando os que entón eran rapaces adolescentes se acercan rapidamente á mediana idade, lembran e tentan dar sentido ao que ocorreu naquel verán, aquilo que non deixa de obsesionalos e cuxo significado se lles escapou no seu momento e aínda non son capaces de explicar: o enigma da súa feminidade, do seu encerro, das súas mensaxes de auxilio e, finalmente, da súa morte. Aquilo que non conseguen aprehender, o que se lles escapa tanto entón como na súa xuventude xa pasada, é o aroma da adolescencia, esa etapa mítica, que se tenta reconstruír desde a idade adulta, pero que non se logra recuperar, aínda que se manteña o desconcertó. Sen comprender totalmente o adolescente que fomos, tampouco chegamos a desembarazarnos del. A infinitude da adolescencia, capaz do maior entusiasmo e a maior desesperación, tórnase na madurez nun encorsetamento consistente en adaptarse a un mesmo como se se tratase dun traxe. Visto así, a morte das irmás Lisbon é algo terríbel pero non tráxico, porque perderon un futuro probábel aínda que conservaron todos os posíbeis. Caso de desenvolverse a súa vida normalmente, ao chegaren a adultas, ese futuro se plasmaría nunha posibilidade de esperanza cada vez máis reducida. Por iso, cando o doutor pregunta a Cecilia, tras a súa primeira tentativa de suicidio, “Que fas aquí nena, se non sabes o mala que é a vida?” e Cecilia lle responde “Está moi claro, doutor, que vostede nunca foi una nena de trece anos”, calquera que conserve no seu interior unha parte do adolescente confuso que un día foi, comprenderá a Cecilia e ás súas irmás.

Comments are closed.