A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Crepúsculo

Crepúsculo

de Stephenie Meyers

Non hai amor máis pleno que o prohibido e máis morboso e desexado que o perigoso, ou cando todo parece estar na súa contra. Crepúsculo é unha novela de amor xuvenil e fantasía tinxida de dozura, cun toque cómico e de aventura. A idea do libro surxiu a partir dun soño, a transcrición do que é agora o capítulo 13. Está narrado en primeira persoa desde o punto de vista de Bella, una rapariga de 17 anos que comeza a descubrir a súa parte feminina despois da intensa atracción que sente por Edward, un dos irmáns Cullen, un vampiro que se dedica a pasar inadvertido entre o resto dos humanos. Desde a súa visión, conseguimos que nos invadan as mesmas dúbidas que a ela sobre a verdadeira natureza de Edward, que non acaban co desenlace da obra. A autora soubo plasmar de maneira maxistral as inquietudes da xuventude actual, trasladándoas a un mundo de seres centenarios que debido á súa aparencia xuvenil están cursando os estudos que corresponden co seu aspecto exterior. Móstranos as frustracións e sentimentos duns seres que teñen que conterse constantemente para non caer na tentación do sangue, polo que non se relacionan co resto da humanidade por medo a danalos. A sensualidad e perigosidade que emanan ao estaren xuntos constitúe unha relación moi atraente para o lector. Os secundarios que rodean a parella son varios e moi complexos, desde a familia Cullen pasando polos compañeiros de escola de Bella, uns indíxenas da rexión que saben máis do que contan…. todos eles cobren a xa de por si complexa relación dunha adolescente cun vampiro centenario que se encontra perigosamente atraído por esta rapariga que non deixa de sorprendelo constantemente.

2 comments to Crepúsculo

  • Anyerus 4º B ESO

    un libro genial, sencillo y ameno de leer y facil de gustar.
    lo recomiendo fervientemente

  • mari carmen 3º B ESO

    UN LIBRO QYE ME ENGANCHO Y NO PUDE PARAR HASTA QUE NO ME LEY TODA LA SAGA
    LO RECOMIENDO
    ES UN LIBRO FACIL DE LEER Y MUY BONIITO
    🙂