A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Orgullo e prexuízo

orgullo-e-prexuizo1de Jane Austen
É a súa novela máis famosa, publicada por primeira vez (1813) como obra anónima. É unha das primeiras comedias románticas na historia da novela e a súa primeira frase é unha das máis famosas na Literatura inglesa: It is a truth universally acknowledged, that a single man in possession of a good fortune, must be in want of a wife. (É una verdade universalmente coñecida que todo home solteiro, posuidor dunha gran fortuna, necesita buscar esposa).
É unha novela de desenvolvemento ou educación persoal, en que as dúas figuras principais, Elizabeth Bennet e Fitzwilliam Darcy, cada un á súa maneira e, non obstante, de forma moi parecida, deben madurar para superar algunhas crises e aprender dos seus erros para poder encarar o futuro en común, superando o orgullo de clase de Darcy e os prexuízos de Elizabeth cara a el.
O principal logro de Jane Austen é transmitir unha perfecta imaxe da sociedade británica no cambio de século, por baixo das aparencias e dos prexuízos. Describe de maneira poética, intelixente e irónica as vidas das xoves e a sociedade na campiña inglesa do século XVIII, a través dunha minuciosa caracterización psicolóxica e de comportamento dos personaxes. O tema dunha historia amorosa con final feliz, o tratamento que lle dá e as expectativas do lector actual respecto á literatura aseguran aínda unha grande atención a esta novela de hai dous séculos.

Comments are closed.