A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

O vixía no centeo

O vixía no centeo

de  J.D. Salinger
Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da colexio, decide deixalo antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á fuxida cara adiante de Holden quen, expulsado do seu elitista colexio, decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Neses tres días, nos que cronoloxicamente se desenvolve a novela, Holden enfróntase ás súas propias contradicións e ao imperioso desexo de fuxida. Fuxir do mundo que lle agarda ao medrar, como se nese fuxir a única saída fose inmobilizar o tempo. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a todos os  mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación ao sexo…, contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa. Ao mesmo tempo asistimos a unha dura crítica da sociedade americana de mitade do século XX. Holden Caulfield é, desde 1951, ano da publicación de O vixía no centeo, o sinónimo de adolescente inconformista, o símbolo da autoafirmación do individuo fronte a un medio hostil, maxistralmente retratado por un autor que foi repudiado no seu país e os seus libros considerados “prohibidos” e unha obra disfrazada de novela simple que, a partir de un só personaxe revolucionario, nos mostra toda unha nova realidade.

1 comment to O vixía no centeo