A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

O perfume

O perfume

de Patrick Süskind

É un libro en que mostra a ambición do home e o interese cara ao externo. O protagonista é un ser paixonal que se deixa levar polas cousas materiais e bonitas, enlouquece e adora o estético.
O autor utiliza unha expresión realmente dura, descrición do entorno, descrición dos aromas… permítenos percibir todos os aromas que se describen na novela, até os que nos eran descoñecidos, e sentir o mesmo noxo e repugnancia que sentía Jean Baptiste Grenouille. É capaz de facernos imaxinar onde está Grenouille sentado, de facernos sentir o mesmo que sentía el, de facernos ulir o que só el podía percibir, de facernos percorrer as rúas de París sen necesidade de viaxar no espazo, tan só coa imaxinación.
Cando algún dos nosos sentidos se altera, percibimos o mundo dun modo diferente, o que precisamente ocorre co protagonista da obra, quen ten un olfato extraordinariamente desenvolvido. Ten un don excepcional para recoñecer e memorizar os cheiros, carece de moral, ética e conciencia. Só posúe un obxectivo, o propósito concreto da súa vida: crear o perfume perfecto e para iso todo é válido, mesmo o crime. Non lle importa absolutamente nada do mundo exterior, vive nun mundo rodeado de cheiros en que o seu único obxectivo ou propósito é obter o perfume perfecto, aínda infrinxindo algunha lei. O seu corazón non sente emoción ningunha. É un amante da brutalidade, da incontinencia e dos vicios.

Comments are closed.