A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

O Principiño

O Principiño

de Antoine de Saint-Exupéry (Valga, 9). Hai película (El principito).
Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avaría do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ao seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe venenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.

Comments are closed.