A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Charlie e a fábrica de chocolate

Charlie e a fábrica de chocolate

de Roald Dahl

Clásico da literatura infantil en lingua inglesa do século XX, algúns describírono como un libro de ciencia ficción para nenos. A narración mantén un ritmo tan vertixinoso que fai que sexa un dos libros de Dahl máis aceptado e recoñecido polos seus lectores.
A aventura é vivida por cinco nenos que representan algúns dos estereotipos infantís máis comúns: o guloso (un neno obeso que só vive para comer), o caprichoso (unha nena cuxos pais lle conceden todo aquilo que se lle antolla) , o alienado (un rapaz obsesionado coa televisión), a maniática (unha nena cuxo obxectivo na vida é bater o record de mascar chicle) e por último o neno ideal e por suposto, o protagonista: Charlie, con múltiples virtudes, discreto, cariñoso, solidario, encantador e, a diferenza dos outros rapaces, pobre de solemnidade.
Cando se publicou a novela orixinal foi acusada de racista polo trato escravista que Dahl daba aos Oompa Loompas. En sucesivas edicións (a partir de 1973), estes personaxes pasaron de ser pigmeos africanos a hippies ananos. As súas orixes foron cambiadas de África á ficticia Loompaland.
A historia xa mereceu duas adaptacións para o cinema, Willy Wonka & the Chocolate Factory de Mel Stuart, con Gene Wilder, en 1971 e Charlie and the Chocolate Factory de Tim Burton, con Johnny Depp, en 2005. Roald Dahl escribiu unha secuela en 1972, Charlie e o grande ascensor de cristal (Charlie and the Great Glass Elevator).

1 comment to Charlie e a fábrica de chocolate