A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Actividades do Día da Poesía

Con case un mes de antelación sobre a data comezáronse a organizar as actividades do Día da Poesía. Este ano estamos especialmente sensibilizados co tema, porque estamos un pouco cansos de que a narrativa ocupe un lugar tan predominante nas lecturas do alumnado. Contando coa colaboración dos Departamentos de Lingua Galega e Literatura e de Lingua Castelá e Literatura, o alumnado da ESO participou escribindo cada un un poema en que figuraba ao final o seu nome e curso. Ao mesmo tempo, estabelecéronse os contactos para conseguir o material para facer una solta de globos (para ver fotos pincha aquí) inchados con helio en que fosen pendurados os poemas e un papel (para velo pincha aquí) indicando de que se trataba a actividade e que pretendíamos con ela, para que quen os encontrase, enviase o seu parecer ao enderezo (postal e electrónico) do Instituto indicando tamén até onde chegou cada globo.
Á parte dos poemas derivados da organización e obtención do material, o día da actividade xurdiu un imprevisto co que non contabamos: os globos de helio non foron capaces de elevarse co peso dos dous DIN A4, o do poema e o da carta que informaba da actividade, caían irremediabelmente ao chan. De maneira que houbo que coller un atallo, moi ao noso pesar: metéronse tan só os poemas nos globos desinchados e posteriormente incháronse e atáronse. Con ese peso só, subiron sen problemas. Faltounos o asesoramento fundamental do Departamento de Física para estas cuestións, feito a través de ensaios de laboratorio. Pero xa temos a solución e o camiño feito para a próxima vez.

Comments are closed.