A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Encontro con Raúl Vacas

O martes 28 de Abril, na primeira sesión da tarde, alumnos 1º ESO-B, de 3º de ESO, 4º A e 4ºB, tiveron un encontro co escritor Raúl Vacas, do que previamente leron e traballaron co seu libro Consumir preferentemente. A charla foi moi amena, tentando facer comprender ao alumnado que calquera tipo de elemento se pode constituír en materia poética e convidándoo a que se animasen a escribir facendo chegar a poesía á cotidianidade.
Na segunda sesión da tarde, un número máis reducido de alumnos, 29 en total, participaron co escritor nun taller de poesía. Como se se tratase dun mago, comezou a sacar obxectos do seu maletín, como un bingo, para escribir poemas sobre algo tan teoricamente antipoético como unha cebola. Despois, pediulles que cambiasen a palabra cebola, por outras, e os resultados foron asombrosos. Poderíase dicir que entre o alumnado participante do taller había boa madeira de poetas na liña proposta por Raúl Vacas.

Comments are closed.