A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Diario de Ana Frank

Diario

diario-de-ana-frank-2

de Ana Frank

Oculta coa súa familia e outros xudeus no seu escondite de Ámsterdam durante a ocupación nazi de Holanda, Ana Frank conta no seu diario a vida do grupo. Nese lugar e nas máis precarias condicións, escribiu o seu estremecedor testemuño, único no seu xénero, sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Ana, na efervescencia da súa aolescencia, e os seus acompañantes.
Cando Otto Frank regresou a Ámsterdam, Miep Gies, unha das persoas que lles axudara durante a súa estadía no anexo, entregoulle o diario que a súa filla escribira mentres estaban escondidos. En 1947 seu pai decide publicar o diario por primeira vez baixo o título Het Achterhuis (“A casa de atrás”) en Holanda. En abril de 1955 publícase a primeira tradución ao español co título Las habitaciones de atrás. En 1998 publicáronse cinco páxinas máis descoñecidas do citado diario, que foran suprimidas por seu pai porque nelas Ana criticaba duramente a súa nai.
Desde a súa publicación, o Diario converteuse nun dos libros máis lidos en todo o mundo, en especial en Israel, Estados Unidos e Reino Unido.

Comments are closed.