A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Sueños de robot

Sueños de robot

suenos-de-robot

de Isaac Asimov

É unha colección de contos curtos, a maioría foran publicados noutras coleccións anteriormente sendo esta recompilación motivada pola colección de debuxos realizada por Ralph McQuarrie (deseñador de numerosas películas de ciencia ficción) ilustrando as historias de Asimov. A historia Sueños de robot foi a única escrita explícitamente para esta recompilación e narra o descubrimento pola doutora Susan Calvin dun robot con perturbadores soños. Moitas das outras historias están inspiradas en conflitos entre os robots e as tres leis da robótica de Asimov, conxunto de normas que a maioría dos robots das súas novelas e contos están deseñados para cumprir: un robot non debe danar un ser humano ou, pola súa inacción, deixar que un ser humano sufra dano; un robot debe obedecer as ordes que lle son dadas por un ser humano, excepto se estas ordes entran en conflito coa Primeira Lei, e un robot debe protexer a súa propia existencia, até onde esta protección non entre en conflito coa Primeira ou a Segunda Lei.
Asimov consideraba dous dos relatos desta colección, La última pregunta e El chiquillo feo como os seus dous traballos curtos predilectos seguidos por El hombre del bicentenario publicado noutras recompilacións. Pola súa parte, o relato Sueños de robot foi nominado aos premios Nébula de 1986 e Hugo de 1987 como mellor historia curta gañando o premio Locus de 1987 da mesma catego-ría e aparece noutras recompilacións de historias de robots de diferentes autores.

Comments are closed.