A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Marina

marinade Carlos Ruíz Zafón

Aínda que se lle colocou a etiqueta de “novela xuvenil”, talvez porque os seus protagonistas o son, o que nela sucede pode ser apreciado e desfrutado por un público adulto. Ambientada na Barcelona dos finais dos 70, que aparece reflexada en belos pasaxes descritivos, a historia comeza con misterio para manter a atención do lector e continuar coa historia do amor dos dous protagonistas, alternando ese romance do presente coa historia do pasado, un tanto folletinesca e gótica, contada polas testemuñas entrevistadas. Á parte do misterio e o medo, un toque poético e nostálxico impregna algunhas pasaxes da evocación do pasado. Chama a atención a narración da vida de cada personaxe, historias dramáticas que se repiten algunhas varias veces, pero desde diferentes puntos de vista, quer dicir, explicadas por distintas persoas que coñeceron a vida do personaxe que describen. A través delas, podemos observar numerosos e complexos personaxes, cada un pezas do misterio a resolver, e cuxo segredo persoal encerra pequenas e preciosas sub-historias individuais, que se irán coñecendo aos poucos. Nunha trama intrigante en que acaba encaixando unha historia construída a base de retazos doutras, hai acción, misterio, drama, suspense, experimentos cirúrxicos, persecucións… situación incríbeis (como a resurrección de Kolvenik) que dentro do marco da novela case se tornan verosímiles. As descricións son realmente fantásticas, case poéticas en que, máis que imaxinar a situación, séntese.

Comments are closed.