A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Corazón de tinta

Corazón de tinta

corazon-de-tinta

de Cornelia Funke

Emparentada (quizais debedora) con A Historia Interminábel de Michael Ende e con O País dos Risos de Jonathan Carroll, esta obra é unha homenaxe á literatura, á fantasía, unha novela dentro doutra novela. O libro comeza cada capítulo con citas de obras clásicas infantís e xuvenís, que sempre están relacionadas co  que sucede, ademais de incluír mencións a personaxes e situación en todo o texto que completan a citada homenaxe. Os personaxes chaman a atención, por ser capaces de evoluír, sobre todo, Dedo Polvoriento, covarde, atormentado, egoísta, tan interesado en regresar ao seu lar que non lle importa o que teña que facer para conseguilo. Tamén destaca o tratamento da realidade, desde a vida e a morte, sen disimular a ambigüidade do comportamento humano, capaz do mellor e o peor. O simbolismo (deliberado ou non) da escena en que Meggie (unha nena que aínda vive nun mundo de fantasía) e Elinor (unha adulta que substituíu as persoas polos libros) cruzan a ponte que as dirixe tanto ao refuxio de Capricornio como a unha experiencia sen retorno en que abundarán as revelacións e decisións. Entre as mellores situacións, a descrición da vida que leva Fenoglio cos seus netos antes de chegar Meggie e Mo, a casa da tía Elinor co seu enorme contido de libros, ou a vila dominada por Capricornio e os seus secuaces. Quizais a trama é algo inxenua, sinxela, mesmo previsíbel (“axudada” por un exceso de revelacións na contraportada), aínda que se compensa co sentido da aventura, a acción (ás veces repetitiva) e as emocións a que se enfrontan os protagonistas.
Como era de esperar, a autora escribiu dúas novelas máis protagonizadas polos mesmos personaxes: Sangre de Tinta, que leva a Meggie ao lar de Dedo Polvoriento, e Muerte de Tinta, final da triloxía.

Comments are closed.