A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

El amor en los tiempos del cólera

“El amor en los tiempos del cólera” de Gabriel García Márquez


El amor en los tiempos del cóleraEl amor en los tiempos del cólera (1985) é unha preciosa obra de amor e tenacidade. O propio autor referiuse a ela en máis de unha ocasión como a súa predilecta entre todas as que escribiu: «O meu libro El amor en los tiempos del cólera, ese é o libro que vai quedar. Cien años de soledad é un libro mítico, e eu non podo desputarlle ningún mérito, pero El amor en los tiempos del cólera é un libro humano cos pés na terra do que somos nós en verdade», que trata dos sentimentos máis puros que poidan albergar os seres humanos, pero sen cegarse neles e reflectindo as adversidades dunha época minada pola pobreza e as guerras civís, así como polas trabas que outros personaxes poñerán a unha relación aparentemente imposíbel entre Florentino Ariza e Fermina Daza, xa que pertencían a clases sociais diferentes e entre eles existía unha considerábel diferenza de idade. Gabriel García Márquez mostra neste libro, a través da viúva de Florentino, como un sentimento apaixonado, ás veces extremo, pode transformar a vida dunha persoa até o punto de facelo desgrazado e perdido nun mundo en que non se sente realizado, pois o amor convértese nunha cega obsesión que destroza calquera posibilidade de mellora para o protagonista, e non cesará na súa loita por conseguir un sentimento recíproco na súa desexada Fermina, con quen se reencontra 51 años e 9 meses despois para confesarlle que a platónica relación que mantiveron na súa xuventude seguía viva no seu su corazón, e que non descansaría até que ela lle correspondese ou, ao menos, aceptase a compañía da súa amizade, unha vez que ela era viúva. Ao longo de toda a lectura é imposíbel non sentir empatía por estes dous personaxes cuxas vidas transcorren de maneiras moi diferentes e cuxo final o lector desexa coñecer canto antes, aínda sentindo certa decepción porque se lle acaban as páxinas de tan sobrecolledora e ben tramada novela.

Comments are closed.