A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Rebeldes

de Susan E. Hinton

Seleccionado como o mellor libro dirixido a xoves, Rebeldes foi galardoado tamén polos libreiros dos Estados Unidos. É, hoxe por hoxe, un clásico da literatura xuvenil. Pola cantidade de autores que tentaron imitala e a súa influencia en xeral sobre un gran número de libros de temáticas similares, é unha obra indiscutíbel dentro do xénero. Rebeldes é unha novela notoria sobre todo polo seu estilo: contado en primeira persoa polo seu protagonista, Ponyboy Curtis, un adolescente orfo que vive cos seus irmáns e sae coa súa panda de amigos, os greasers, en eterna loita cos socs, de mellor clase social (de aí o nombre). Se fose por isto, poderiamos estar falando da típica novela sobre pelexas de rúa entre xoves, pero a autora optou por secundar isto e darlle maior importancia á personalidade dos personaxes principais, apostando por unha maior complexidade canto á trama e até no aspecto literario. A violencia entre bandas chegará demasiado lonxe e terá consecuencias inesperadas. Una historia emocionante e inesquecíbel sobre rapaces de barrio que loitan por saír adiante, Rebeldes transformou a maneira de concebir a literatura xuvenil. Hoxe, como hai 40 anos, segue a ser un dos libros máis lidos entre os xoves e máis recomendados nas escolas.

Comments are closed.