A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Boy

Boy de Roald Dahl

Aínda que a simple vista o pareza, este libro non é estritamente unha autobiografía de Roald Dahl. Trátase máis ben dunha serie de aventuras e sucesos que lle ocorreron ao longo da vida, desde recén nado e o seu paso pola escola, até ser una persoa adulta. Estas historias serviránlle para inspirarse nas numerosas novelas que escribiu. Algunhas son divertidas. Outras tristes. Algunhas delas inspirárono para contar fantásticas, divertidas e terríbeis peripecias nos seus libros. Nelas, cóntanos a súa vida no seo dunha  familia singular nunha época singular. Aos lectores actuais poderían parecerlles mesmo incríbesi moitas das cousas que lle sucedían a un rapaz de principios do século XX en Inglaterra. Nalgúns casos, son case historias de terror, como os frecuentes varazos que lles propinaban os mestres aos alumnos ou a vez que o coche familiar bateu cunha árbore e Roald cortou o nariz co vidro do parabrisas e llo volveron a pegar. E entre todo iso está a felicidade dun neno que tivo unha nai que o criou e o amou nunha familia numerosa moi unida.

Comments are closed.