A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

A praia dos afogados

A praia dos afogados de Domingo Villar


A segunda novela de Domingo Villar é tamén a segunda entrega das aventuras de Leo Caldas e os eu axudante Estévez, de novo no mesmo escenario principal, Vigo, pero adentrándose no mundo das pequenas aldeas de pescadores que compoñen a paisaxe da costa galega. Nótase a diferenza coa súa primeira novela, sobre todo no tamaño. Parece que Villar puido dedicarlle un pouco máis de tempo á escritura e permitiuse ampliar máis o espazo dedicado ao seu protagonista, a Caldas, nunha serie de pequenos capítulos sobre a súa vida persoal que recordan poderosamente a influencia do sueco Mankell.O peso da novela segue xirando en torno á investigación dun suicidio/asasinato, Os puntos fortes da novela seguen a ser os mesmos, uns bos personaxes, incluíndo os secundarios, unha boa representación da sociedade galega, un bo tour gastronómico cada vez que Caldas se acerca a un bar, e mellora a vida persoal dalgúns personaxes. A parte máis frouxa quizá sexa a resolución da investigación, algo acelerada e a partir dunha casualidade —plantexada, iso si, desde o principio da historia— pero que permite a Villar xogar un poco ao Agatha Christie para despistar o lector. A praia dos afogados será do agrado dos afeccionados ao xénero, que poderán desfrutar dalgunha chicadela que outra como a que fai á autora francesa Fred Vargas. Unha boa novela para consumir as tardes de verán.

Comments are closed.