A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Vicisitudes

           Despois dunhas moi aproveitadas indicacións sobre o funcionamento do novo programa de rexistro e catalogación da biblioteca, o Meiga, por parte da nosa compañeira a profesora Luz Ares, a única do centro que o coñecía e nos puido axudar, descubrimos con pesar que o volcado de datos dos máis de 7.000 libros que rexistraramos co vello programa Abies ao novo programa Meiga fallaba nalgúns aspectos. Algúns tan fundamentais como que era imposíbel facer unha busca por autor se antes non se engadía unha liña co seu nome en cada un dos máis de 7.000 rexistros. Ou que o novo número de rexistro que aparece no novo programa Meiga non coincide co que teñen os máis de 7.000 exemplares fichados co antigo Abies. E o número de rexistro é o que identifica cada libro para diferencialo dos outros cando se empresta.

           De maneira que, de entrada, tomouse a determinación de non facer de momento o préstamo co Meiga e seguir facéndoo manualmente. Ao mesmo tempo, organizáronse grupos de traballo co equipo da biblioteca para realizar as catro tarefas seguintes:

·         Incluír en todos os rexistros una liña co nome do autor.

·         Cambiarlle a todos os libros rexistrados o número vello do Abies polo novo do Meiga.

·         Rexistrar e etiquetar co Meiga as novas adquisicións.     

·         Dar de alta aos novos lectores.                 

                                                                                   

Comments are closed.