A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

El lobo estepario

El lobo estepario de Herman Hesse

Orixinalmente concebido polo autor como un grito de alerta e angustia ante a guerra, vai alén disto: é un grito de advertencia e inquietude cara a todos aqueles que descoñecéndose a si mesmos se ven envoltos nas súas propias monstrosidades. Estamos pois fronte a unha arquetípica novela da Bildungsliteratur ou da chamada literatura existencial. El lobo estepario é unha brillante narración sobre as características dun xenio solitario coas súas ruindades e grandezas, e da relación deste co resto da humanidade, tamén coas súas ruindades e grandezas. Pero como ningunha obra de Hesse pode ser lida nun só nivel, é tamén unha alegoría sobre as relacións de poder e saber, tanto a nivel persoal como global. E así mesmo, é unha obra en que o autor volve reflectir sobre o sentido da arte e do amor, e onde volve aparecer a pregunta polo sí mesmo, a posibilidade de ser un mesmo e as consecuencias que iso carrexa. Como noutras obras de Hesse o desafío do protagonista é asumir a súa propia existencia, converterse en él mesmo asumindo as consecuencias desta decisión, por iso aquí a metáfora é a figura do lobo estepario, aquel que corre só polas estepas, que se enfronta en solitario á súa supervivencia. Todo isto se desenvolve na descrición da vida de Harry Haller que transcorre por ambientes asfixiantes, de encontros persoais vacíos, de rúas escuras e de prodixios máxicos ou alucinatorios onde se descobre a dupla, tripla ou múltipla estrutura da realidade.

Comments are closed.