A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Iacobus

Iacobus de Matilde Asensi

O libro podería dividirse en dúas partes claramente diferenciadas, a primeira correspondería coa investigación das mortes, supostamente por causas naturais, localizada en Franza, e a segunda, no camiño de Santiago. Matilde Asensi inclúe unha historia de amor ‘imposíbel’, que engade un certo romanticismo a esta novela histórica.
En Iacobus converxen moitas historias reais que aquí se relatan desde unha perspectiva a medio camiño entre o histórico  e o fantástico, pero basicamente o punto fundamental da historia que se narra na novela é a caída dos cabaleiros templarios. Constituidos como unha das ramas máis poderosas de cabaleiros cristiáns, até a propia Igrexa de Roma tivo medo do seu poder. Cuando o papado quere acabar con eles, unha auténtica guerra ideolóxica desátase nas terras da vella Europa. Pero a lenda di que os templarios seguen vivindo na sombra, baixo outras agrupacións e especialmente baixo a protección do rei de Portugal. O fío condutor da novela será o tesouro (Arca da Laianza e tesouro de Salomón) e a lenda dos templarios. Para decubrir eses tesouros ocultos durante séculos o protagonista terá que percorrer o Camiño de Santiago, un lugar máxico en que se entrecruzan tradicións cristiás e pagás, descubrindo aos poucos as pautas que os templarios irán deixando ao longo de todo o camiño. Pero entre medias do mesmo vivirá moitas aventuras. A historia da saltos no tempo resolvendo algún enigmas para despois fixarse no detalles até chegar ao final en que se soluciona todo.

Comments are closed.