A sample text widget

Etiam pulvinar consectetur dolor sed malesuada. Ut convallis euismod dolor nec pretium. Nunc ut tristique massa.

Nam sodales mi vitae dolor ullamcorper et vulputate enim accumsan. Morbi orci magna, tincidunt vitae molestie nec, molestie at mi. Nulla nulla lorem, suscipit in posuere in, interdum non magna.

Posta en marcha do Club de Lectura

A principios de Outubro pasouse información do Club de Lectura Entre liñas a toda a comunidade educativa do noso centro. No caso do alumnado consistiu en ir ás aulas, unha por unha, explicando en que consiste o Club, deixando unha folla con información nos taboleiros e abríndose un período de inscrición. Neste curso volvéronse a romper as previsións e o índice de participación do alumnado no Club aumentou (non nos Ciclos Formativos, onde non se inscribiu ninguén), mesmo onde non se esperaba: no segmento de 3.º e 4.º de ESO. A participación do profesorado continúa sendo baixa, pero a mesma do ano pasado, e a de país e nais, nula, igual que a do persoal administrativo e de servizos, supomos que polo horario escollido: un recreo á semana. O número de inscritos foi o seguinte: 23 alumnos en 1.º e 2.º de ESO, 30 alumnos en 3.º e 4.º de ESO, e 25 alumnos e 4 profesoras (sen contar as coordinadoras) no grupo de Bacharelatos e adultos.
Convocouse no mesmo mes a todos os participantes á primeira reunión coa finalidade de entregaren as súas listas de libros propostos para ler no Club. Pouco despois, o coordinador do Club elaborou e entregou a cada un a lista de todos os libros propostos, separando dous grupos (lecturas en galego e lecturas en castelán), con información de cada libro para que houbese mellor criterio para votalos. Procedeuse a outra reunión para que cada participante defendese os libros que considerase más adecuados para ler no Club.
Posteriormente procedeuse ás votacións. Os libros máis votados e escollidos foron:
-1.º e 2.º ESO: Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas, O Principiño (en galego); El señor de los ladrones, La llave mágica, Marina (en castelán).
– 3.º e 4.º de ESO: Made in Galiza, O vixía no centeo, O perfume (en galego); Crepúsculo, Asesinato en el Orient Express, Diario de Ana Frank (en castelán).
– Bacharelatos e adultos: Un casoiro ben mal amañado, Orgullo e prexuízo, Rebeldes (en galego); Las vírgenes suicidas, La importancia de llamarse Ernesto, Sueños de robot (en castelán). Escolleuse en primeiro lugar Un casoiro ben mal amañado porque se valorou o feito de que o autor, Bali Rai, virá ao noso centro de Inglaterra para termos un econtro con el e falar do libro o día 24 de Novembro.
Para economizar na adquisición de exemplares e dado que a inscrición do alumnado foi moi alta, decidimos subdividir os niveis anteriores en dous, por iso indicamos a seguir dous libros por mes en cada nivel (que máis adiante se intercambiarán), salvo para a lectura do mes de Novembro no grupo de maiores, pola visita do autor indicada. Os libros para ler en Novembro son:
    1. 1.º e 2.º de ESO: As bruxas e O Principiño.
    2. 3.º e 4.º de ESO: Made in Galiza e O vixía no centeo.
    3. Bacharelato e adultos: Un casoiro ben mal amañado.
Outra das novidades deste curso é que o coordinador proporciona dípticos (As bruxas, O Principiño, Made in Galiza, O vixía no centeo, Un casoiro ben mal amañado) con información na primeira páxina sobre os autores, contexto histórico e obras que se van ler, xunto con tres páxinas máis para anotacións, citas, reflexións ou dúbidas.

Información das obras


 

 

1 comment to Posta en marcha do Club de Lectura

  • Luis Costa Suárez 2º ESO B

    A min me gustou moito este libro porque é moi entretido e divertido.A pelicula é diferente e para min peor, eu imaxinarao todo doutra maneira